Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 20 de agosto de 2003 Páx. 10.771

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/453-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: retranqueo L.M.T. e R.B.T. r/ Ramón Franco.

Situación: concello do Rosal.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV, con un tramo aéreo de 140 m de lonxitude, con orixe no 1º apoio da derivada á L.M.T.A. ROS8076, e conductor tipo LA-56 e outro subterráneo con conductor tipo R.H.V. de 941 m de lonxitude, que remata na derivada ó C.T. de lácteos do Tamuxe. Dúas R.B.T., unha subterránea, con orixe no C.T. Rosal-Calvario e outra aérea, con orixe na L.M.T.S. do C.T. Rosal-Calvario de 180 e 102 m de lonxitude respectivamente. A instalación esta situada no Rosal.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 4 de xullo de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra