Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 19 de agosto de 2003 Páx. 10.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DO SALNÉS

EDICTO sobre o Plan de Dinamización Turística do Salnés 2003-2006.

O Padroado para o Desenvolvemento do PDT do Salnés 2003-2006 acordou convocar con carácter urxente concurso para a adxudicación do contrato de xerencia do PDT en réxime de contrato administrativo de asistencia técnica.

O prazo de duración do contrato establécese inicialmente por dous anos con posibilidade de prorrogalo anualmente, finalizando en calquera caso o día 31 de decembro de 2006.

O importe do contrato será de 130.000 euros a razón de 65.000 euros/ano.

O prazo de presentación de ofertas será de oito días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do último anuncio en horario de 9.00 a 13.00 horas.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas atópanse expostos na sede da Mancomunidade do Salnés, concello de Cambados, podendo formularse alegacións contra eles nos oito días seguintes ó da publicación deste anuncio.

Cambados, 7 de agosto de 2003.

P.O.

A secretaria do Padroado

Rubricado