Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 19 de agosto de 2003 Páx. 10.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2003 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a utilización de bens de uso público do Concello de Santiago de Compostela, para a instalación de tres puntos de información pública electrónica en forma de pantallas de comunicación visual exterior.

Canon: o adxudicatario aboará ó concello un canon en forma de tempo de emisión, sendo a porcentaxe do 15% como mínimo, realizándose as ofertas á alza.

Duración do contrato: a concesión se outorga por un prazo de catro anos improrrogables.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela dentro do prazo de 15 días naturais, que comezará a contarse e entenderase aberto desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela. Departamento de Contratación. Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 13 do prego de cláusulas administrativas.

Garantías:

Provisional: 3.000 euros.

Definitiva: 12.000 euros.

Clasificación: non se esixe.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12.00 horas, ó segundo día hábil seguinte, non sábado, á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2003.

Luis Tojo Ramallo

Primeiro tenente alcalde