Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 19 de agosto de 2003 Páx. 10.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MANZANEDA

EDICTO.

En sesión extraordinaria do Pleno do concello que tivo lugar o 27 de xuño de 2003, aprobouse definitivamente o proxecto de ordenación do medio rural do Concello de Manzaneda por unanimidade dos membros da corporación. O texto íntegro do plan publicarase no BOP de Ourense.

Contra a súa aprobación definitiva poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación do devandito texto íntegro no BOP; sen prexuízo de

que se poida presentar calquera outro recurso que se considere pertinente.

Manzaneda, 18 de xullo de 2003.

José Hervella Carrera

Alcalde