Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.
Domicilio social: r/ Nicaragua, 10-3º esq., 15005 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.S., C.T., Os Candes, A Laracha.
Situación: A Laracha.
Descricións técnicas: variantes de liñas aéreas de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56.
-166 m de lonxitude, desde o apoio nº 1 ó apoio nº 3 no tramo de liña entre o C.T. Vilamir e o C.T. Barreiros.
-112 m de lonxitude, desde o apoio nº 1 da liña C.T. Vilamir-C.T. Barreiros e o apoio nº 1 da derivada a C.T. Rosende.
-C.T. na caseta prefabricada de formigón de 100 kVA e tensións de 15/0,380-0,220, denominación Os Candes-A Laracha.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 10 de xullo de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña