Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 19 de agosto de 2003 Páx. 10.729

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 7 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/210).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a informa

ción pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T. Apeadeiro.

Situación: Cambre.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x150) mm Al, de 250 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. autopista-4 e final no C.T.C. Piñeiro que se vai instalar.

Centro de transformación tipo caseta prefabricada de formigón, de 160 kVA e tensións de 15/0,380-0,22 kV en Piñeiro.

Rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 520 m, con orixe no C.T. Piñeiro. Reforma da rede do C.T. San Salvador de Cecebre, de 905 m e conductor R.Z. e reforma da rede do C.T. peirao, de 590 m e conductor R.Z. Concello de Cambre.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 7 de xullo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña