Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 18 de agosto de 2003 Páx. 10.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2003, da Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se anuncia, por tramitación urxente, concurso público para a subministración dun equipo radiocirúrxico con destino a este complexo hospitalario. (Expediente C.P. 61/2003).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 66, do 5 de abril), convoca o seguinte concurso público:

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.

a) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións, Unidade de Contratación.

b) Número de expediente: C.P. 61/2003.

2. Obxecto da contratación.

a) Descrición do obxecto: adquisición dun equipo radiocirúrxico.

b) División en lotes: as empresas licitantes poderán presentar oferta á totalidade da subministración ou a un ou máis lotes por separado.

c) Lugar de entrega: ve-lo punto 1, servicio de radioloxía, estrada de San Pedro, s/n, en Ferrol.

d) Prazo de entrega: ve-la folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e modalidade de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Modalidade: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

60.000 euros.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación. (Ve-la folla de especificacións do prego-tipo).

6. Obtención de documentación e información.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro, s/n, 15405 Ferrol (A Coruña). Teléfono: 981 33 45 14. Fax: 981 33 40 15.

7. Requisitos específicos do contratista.

As solvencias económica, financeira e técnica acreditaranse por algún de entre os documentos sinalados no anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo límite de presentación: antes das 14.00 horas do oitavo día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: ve-lo punto 1, rexistro xeral.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: ve-la folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das proposicións.

Será realizada en acto público pola mesa de contratación, na sala de xuntas do citado complexo hospitalario, a partir das 10.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

10. Outras informacións.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 80.4º do Regulamento xeral de contratación das administracións públicas. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado neste anuncio. Transcorridos, con todo, dez días naturais seguintes á indicada data sen ter recibido a mencionada proposición, esta non será admitida en ningún caso.

Os criterios que se seguirán para a adxudicación do contrato son os que se establecen no punto 11 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios.

Ferrol, 5 de agosto de 2003.

Ricardo López Boullón

Director-xerente, en funcións, do Complexo

Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa

Santos de Ferrol