Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 18 de agosto de 2003 Páx. 10.689

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 9 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social (137/2003).

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos ó resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan, as resolucións na orde social correspondentes.

Empresa: Cordeiro, S.L.

Domicilio/localidade: La Moca, 12. Moaña.

Número expte.: 137/03 1685/02 (AI).

Data resol. deleg. prov.: 10-6-2003.

Preceptos infrinxidos: anexo IV, parte C, apdo. 5 b) en relación co artigo 11 do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, e artigo 4 do Real decreto 773/1997, do 30 de maio.

Preceptos sancionadores: artigo 5.2º, 12.16º b), 39.6º e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Resolución: multa de 1.502,54 euros.

Fáiselle saber ós interesados que poden formular recurso de alzada perante a directora xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ó da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro; advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procede, deberá aboa-la multa imposta no prazo de 30 días hábiles contados desde o día seguinte á data de notificación da resolución, nunha das seguintes contas:

-Caixa Galicia, cta. contable 840. Código 001.

-Caixanova recadación Xunta: modelo XTAX.

Xa que noutro se incoará o procedemento de constrinximento ante a delegación de Facenda correspondente.

Vigo, 9 de xullo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado procincial de Pontevedra