Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 18 de agosto de 2003 Páx. 10.685

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 4 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/206).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: rúa Nicaragua, 10-3º esq., 15005 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Polico-Erboedo-A Laracha.

Situación: A Laracha.

Características técnicas:

-Liña eléctrica aérea de media tensión, a 12/20 kV, sobre apoios de formigón e no conductor LA-56, de 21 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Pereiro e final no C.T. Polico-Erboedo, que se vai instalar.

-Centro de transformación, tipo intemperie, sobre apoio de formigón, de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV

Polico-Erboedo, do que parte R.B.T., sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 366 m de lonxitude. A Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 4 de xullo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña