Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD 17/2002).

O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 7 de xullo de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle para ordenación de volumes no ámbito da área de planeamento específico do Plan Xeral de Ordenación Municipal denominada Severo Ochoa (APE-E9.01), promovido pola comisión xestora da área de planeamento específico.

Segundo.-Publica-lo presente acordo, no prazo máximo dun mes, no Diario Oficial de Galicia e no BOP e comunica-la aprobación ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, así como do expediente administrativo.

Terceiro.-Dilixenciar planos e memoria do estudio de detalle na súa integridade co selo de aprobación definitiva.

Cuarto.-Notificar este acordo á comisión xestora da área.

Este acordo pon fin á vía administrativa, podendo interpor contra este, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o órgano que o dictou, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación; todo iso de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 46 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998, sen perxuízo de calquera outro que estime pertinente.

O que se publica para xeral coñecemento.

A Coruña, 10 de xullo de 2003.

O alcalde

P.D.

José Luis Méndez Romeu