Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CARBALLIÑO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 1 de xullo de 2003 aprobou inicialmente a delimitación en polígonos da área de reparto nº 7 do PXOM promovido por instancia de José Rodríguez Gómez.

Durante o prazo de 20 días este expediente estará exposto ó público inseríndose anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Ourense, así como no taboleiro de anuncios do concello, podendo presentarse as alegacións que consideren pertinentes.

A documentación referida a este acordo pode examinarse no Departamento de Obras do concello, en horario de atención ó público.

O Carballiño, 14 de xullo de 2003.

O alcalde

Rubricado