Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.643

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/72-2, 6079 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de estrada de Castro e Cornide.

Situación: Outeiro de Rei e Castro de Rei.

Descricións técnicas:

-R.B.T. aérea estrada de Castro realizada en conductor R.Z.-95 tensados sobre apoios de formigón ou grampada sobre fachada, partindo de C.T. Monteverde; alimentará o lugar de estrada de Castro cunha lonxitude de 560 m.

-R.B.T. aérea de Cornide realizada en conductores illados de denominación R.Z.-95 e R.Z.-50 tensados sobre apoios de formigón, madeira ou grampados sobre fachada, partindo do C.T. Cornide, alimentará ós lugares do Pecouzo, Cornide de Arriba, Cornide de Abaixo e O Castro cunha lonxitude de 3.680 m.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 3 de xullo de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo