A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 22-4-2003, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do plan especial de protección e mellora do medio rural relativo ó predio Casas Novas, tramitado por instancia de Grilse, S.L., o cal queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte a aquel en que se produza a última das publicacións que se inserirán no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior circulación da provincia.
Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo e presenta-las alegacións que coiden convenientes (expediente nº 14/2003.PPE).
Arteixo, 3 de xuño de 2003.
Manuel Pose Miñones
Alcalde en funcións