Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 13 de agosto de 2003 Páx. 10.593

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2003 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación de varios expedientes.

Subministracións.

Expediente: 056/2003.

Obxecto: subministración, instalación e posta en marcha dun sistema de xestión de contidos web da USC.

Localidade: Santiago de Compostela/Lugo.

Provincia: A Coruña/Lugo.

Importe de licitación: 58.000 euros, IVE incluído.

Garantía provisional: 1.160 euros.

Prazo de entrega: 3 meses.

Expediente: 057/2003.

Obxecto: equipamento docente para as aulas de informática da USC.

Localidade: Santiago de Compostela/Lugo.

Provincia: A Coruña/Lugo.

Importe de licitación: 276.210 euros, IVE incluído.

Garantía provisional: 5.524,20 euros.

Prazo de entrega: 20 días.

Expediente: 058/2003.

Obxecto: subministración, instalación e posta en marcha de trece servidores e un sistema de almacenamento.

Localidade: Santiago de Compostela/Lugo.

Provincia: A Coruña/Lugo.

Importe total de licitación: 83.000 euros, IVE incluído.

Lote 1: tres servidores individuais: 18.000 euros, IVE incluído.

Lote 2: un chasis para servidores blade con dez tarxetas para servidores: 35.000 euros, IVE incluído.

Lote 3: un sistema de almacenamiento: 30.000 euros, IVE incluído.

Garantía provisional: lote 1: 360 euros, lote 2: 700 euros, lote 3: 600 euros. Todo o expediente: 1.660 euros.

Prazo de entrega: 1 mes.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número dos expedientes: os arriba indicados.

2. Obxecto dos contratos.

a) Descrición dos obxectos: os arriba indicados para cada expediente.

b) Número de unidades que hai que entregar/executar: as especificadas nos pregos de cláusulas.

c) División por lotes e número: os especificados nos pregos de cláusulas.

d) Lugar de entrega/execución: Santiago de Compostela/Lugo.

e) Prazo de entrega/execución: o mencionado para cada expediente.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamentos de licitación.

Importes totais: os indicados anteriormente.

5. Garantías.

Provisionais: as citadas en cada expediente.

6. Obtención de documentación.

A documentación para participar nos concursos poderá ser consultada ou retirada na copistería Unidixital Rosalía de Castro, 45, 15706 Santiago de Compostela, (teléfono: 981 55 30 32) correo electrónico info*unidixital.com, páxina web unidixital.com ou na copistería Unicopia avenida de Madrid, 11-15, 27002 Lugo (teléfono: 982 28 03 85).

Obtención de información:

a) Entidad: Universidade de Santiago de Compostela, Casa da Balconada, Servicio de Xestión Económica.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 57 25 00.

e) Fax: 981 54 70 09.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día 1 de setembro para o expediente 056/2003 e o día 11 de setembro para os expedientes 057 e 058/2003.

7. Requisitos específicos dos contratistas.

Clasificación: a indicada en cada expediente.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o día 1 de setembro para o expediente 056/2003 e o día 11 de setembro para os expedientes 057/2003 e 058/2003.

b) Documentación que se ten que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rectorado, rexistro xeral.

Domicilio: praza do Obradoiro, s/n.

Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

Ou en: entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

Domicilio: servicios centrais do Campus de Lugo (edificio Biblioteca Intercentros).

Código postal e localidade: 27002 Lugo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: admítense ata tres variantes.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: a mesa de contratación reunirase o día 4 de setembro para a apertura de plicas do expediente 056/2003 e o día 15 de setembro para a apertura de plicas dos expedientes 057 e 058/2003.

e) Hora: trece horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios a prorrateo.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2003.

P.D. (Resolución 10-6-2002)

Miguel A. Vázquez Taín

Vicerrector de Economía e Financiamento