Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 13 de agosto de 2003 Páx. 10.589

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/441-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a infor

mación pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña

Denominación: recuamento L.A.T. Cambados-Vilagarcía de Arousa, variante subterránea.

Situación: concello de Vilagarcía de Arousa.

Descricións técnicas: L.A.T. subterránea a 66 kV, con conductor AL-630 de 1.048 m de lonxitude, con orixe no novo apoio nº 2 de transición aéreo-subterráneo e remate na futura subestación de Vilagarcía de Arousa. A instalación sitúase no concello de Vilagarcía de Arousa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 2 de xullo de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra