Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 13 de agosto de 2003 Páx. 10.588

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/436-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Las Palmeras.

Situación: concello de Caldas de Reis.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor tipo R.H.Z. de 75 m de lonxitude, con orixe en TIBO802-canle entre os CC.TT r/ Real e José Salgado e remate no mesmo punto unha vez que entre e saia do C.T. que se proxecta, de 250 kVA R.T. 20 kV-380/220 V, situado na rúa Oliva de Caldas de Reis.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 26 de xuño de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra