Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 12 de agosto de 2003 Páx. 10.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 14 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores de incendios OU 140/03 IN e OU 160/03 IN devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ás persoas que no anexo se mencionan a incoación dos expedientes sancionadores por presunta infracción da Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora dos expedientes a Montserrat González Pérez, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poderen examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar, e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De conformidade co artigo 42.4º, da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das

administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que, no caso de non resolve-lo presente expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado, producirase a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estos efectos os importes da sanción indicados no anexo.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial desta consellería, de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario poderá implica-la terminación do procedemento, sen prexuízo da posibilidade de interpoñe-los recursos procedentes (artigo 8.2º do Real decreto 1398/1993). O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectiva na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial en Ourense.

Ourense, 14 de xullo de 2003.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expte./AnoDenunciado DNIÚltimo enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción

OU 140/2003 INMª del Carmen Enríquez Rodríguez

DNI: 43508989

San Salvador nº 35

32710 Pereiro de Aguiar

Abandono de vehículo

B-7369-LD

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e I. Forestais300,51 A

OU 160/2003 INFrancisco Ares Rodríguez

DNI: 76708620

R/ Elena Quiroga s/n, Viloira

32300 O Barco de Valdeorras

Abandono de vehículo

C-4489-W

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e I. Forestais300,51 A