De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícanselles ás persoas que a continuación se relacionan as propostas dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).
Os interesados dispoñen dun prazo de oito días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentaren ante a delegación territorial as alegacións que coiden pertinentes.
O expediente relacionado de seguido atópase á disposición dos interesados na citada Delegación Comarcal de Pontevedra, Andrés Mellado, 15-1º.
Nº de expediente: PESAN1 2003/000025-5.
Denunciada: Mª Mercedes Gil Gandos.
DNI: 52495499-T.
Enderezo: Jaime Janer, portal 3, nº 54-1º, Marín.
Pontevedra, 21 de xullo de 2003.
José Luis Meijueiro Tilve
Delegado comarcal de Pontevedra