Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 12 de agosto de 2003 Páx. 10.559

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncian as bases definitivas da concentración parcelaria da zona de Novela, Liñares, Pezobrés (Santiso-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Novela, Liñares, Pezobrés (Santiso-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 43/1993, do 19 de febreiro (DOG nº 40, do 1 de marzo), que a xunta local da zona, na súa reunión do 16 de xuño de 2003, unha vez introducidas as modificacións oportunas, á vista do resultado da enquisa das bases provisionais, aprobou as bases definitivas, que serán notificadas individualmente a cada un dos afectados e que estarán expostas ó público no Concello de Santiso e na zona, durante o prazo de trinta días hábiles, de conformidade co que determina a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro.

Os documentos que se poden examinar no concello refírense á determinación do perímetro (predios da periferia que se incluíron e excluíron, superficies que se exceptúan por ser de dominio público e a relación de predios excluídos), á clasificación de terras e á fixación de coeficientes que han servir de base para face-las compensacións que sexan necesarias e á determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a súa titularidade.

Contra estas bases os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural dentro do prazo de trinta días, contados desde a notificación persoal ou publicación substitutiva, na delegación provincial desta consellería (edificio administrativo, praza Luís Seoane, s/n, 6º andar, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n,

Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 23 de xuño de 2003.

Jesús Collar Urquijo

Delegado provincial da Coruña