Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 12 de agosto de 2003 Páx. 10.557

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 24 de xuño de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/194).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: ret. Norberto Pijuan-Principal (C.T. Xardín. Expediente 30507).

Situación: Boiro.

Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, de 55 m de lonxitude, coa orixe en C.D. Principal (expediente 266/2002), unha vez que entre e saia no novo C.T. Xardín.

Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 1.000 kVA e relación de transformación 20/0,380-0,220 kV. Concello de Boiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 24 de xuño de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña