Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 12 de agosto de 2003 Páx. 10.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Obras Públicas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do estudio informativo do corredor alternativo á C-541 e conexión coa rede de alta capacidade de Santiago de Compostela e Teo (A Coruña). Clave: AC/99/73.0.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, faise pública a resolución da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do 11 de abril de 2002, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do estudio informativo do corredor alternativo á C-541 e

conexión coa rede de alta capacidade de Santiago de Compostela e Teo (A Coruña). Clave: AC/99/73.0, así como a do 28 de novembro de 2002 pola que se revisa a declaración de impacto ambiental do estudio informativo do corredor alternativo á C-541 e conexión coa rede de alta capacidade de Santiago de Compostela e Teo (A Coruña), promovido pola Dirección Xeral de Obras Públicas, e que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2003.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Director xeral de Obras Públicas

Resolución do 11 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula declaración de impacto ambiental do estudio informativo do corredor alternativo á C-541 e conexión coa rede de alta capacidade de Santiago de Compostela e Teo (A Coruña). Clave: AC/99/73.0, promovido pola Dirección Xeral de Obras Públicas.

O Decreto 9/2000, do 6 de outubro, de modificación do Real decreto legislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, establece a obriga de formular declaración de impacto ambiental, con carácter previo á resolución administrativa que se adopte para a realización, ou se é o caso, a autorización da obra, instalación ou actividade, das abranguidas no anexo I da citada disposición.

Dado que o proxecto obxecto desta declaración está incluído no punto 7 do citado anexo I, procédese a formula-la declaración de impacto ambiental (DIA) do estudio informativo do corredor alternativo á C-541 e conexión coa rede de alta capacidade de Santiago de Compostela e Teo (A Coruña).

O obxecto do estudio é o de defini-lo trazado da variante da C-541 e a conexión desta coa N-550 a nivel de estudio informativo, para o que se presentan tres alternativas, elixindo finalmente a alternativa 3. Tódalas alternativas teñen unha lonxitude entre 9 e 14 km, cunha sección transversal 7-10,5 en corredor, deixándose para unha fase posterior a construcción da segunda calzada.

No anexo I resúmese o proxecto de trazado e as medidas correctoras e protectoras propostas no estudio.

A Dirección Xeral de Obras Públicas, mediante a publicación no BOE do 17 de marzo de 2001 e no DOG do 26 de marzo de 2001, somete ó trámite de información pública o estudio informativo do corredor alternativo á C-541 e conexión coa rede de alta capacidade de Santiago de Compostela e Teo (A Coruña) por un período de trinta días hábiles, contados a partir da data de publicación no BOE, téndose presentado alegacións ó proxecto que se resumen no anexo III desta declaración.

Con data 13 de marzo de 2002 recíbese nesta dirección xeral o expediente do proxecto, remitido pola Dirección Xeral de Obras Públicas, contendo os

resultados de información pública e os informes das direccións xerais de Patrimonio Cultural, Montes e Medio Ambiente Natural e Saúde Pública, e do organismo autónomo Augas de Galicia. Con data 13 de marzo de 2002 esta dirección xeral solicita a remisión do certificado de información pública por parte da Dirección Xeral de Obras Públicas, que é recibido con data 10 de abril de 2001.

No anexo II resúmese o contido dos informes recibidos como resultado das consultas efectuadas. O resultado destas, así como o contido das alegacións, tívose en conta, no que procede, no condicionado desta DIA.

Unha vez cumprida a tramitación, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no exercicio das competencias que lle concede o Decreto 482/1997, formula a declaración de impacto ambiental (DIA) do estudio informativo e avaliación ambiental. Corredor alternativo á C-541 e conexión coa rede de alta capacidade de Santiago de Compostela, promovido pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia.

O órgano ambiental para este proxecto é a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, e o órgano substantivo a Dirección Xeral de Obras Públicas.

Declaración de impacto ambiental

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopan os documentos titulados Estudio informativo e avaliación ambiental. Corredor alternativo á C-541 e conexión coa rede de alta capacidade de Santiago de Compostela e proposta de modificación do trazado a raíz das alegacións presentadas, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer, por esta DIA, as seguintes condicións ambientais, ademais das incluídas na documentación avaliada, de maneira que se asegure a minimización dos posibles impactos negativos, co fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.

No caso de que exista contradicción entre o estipulado na documentación avaliada e esta declaración, prevalecerá sempre o disposto nesta última.

A) Ámbito da declaracion.

Esta declaración refírese exclusivamente ó proxecto desenvolvido no documento titulado Estudio informativo e avaliación ambiental. Corredor alternativo á C-541 e conexión coa rede de alta capacidade de Santiago de Compostela, para a alternativa seleccionada no propio estudio, é dicir, alternativa 3, modificado pola proposta de modificación ó trazado a raíz das alegacións presentadas. Esta última proposta queda definida no plano titulado Planta xeral aprobación. Xaneiro 2002.

B) Condicionado.

1. Protección da atmosfera.

1.1. Sobre as emisións de po e gases.

1.1.1. A maquinaria empregada no proceso constructivo cumprirá coa normativa de emisións que lle resulte de aplicación, debendo dispor de documentación acreditativa ó respecto.

1.1.2. Queda prohibida a queima de restos ou de calquera tipo de material.

1.1.3. En relación coas posibles alteracións da calidade do aire por emisión de po á atmosfera durante a fase de construcción, debido á acción da maquinaria e ós movementos de terras, procederase á humectación de vieiros e zonas de obra.

1.2. Sobre o ruído.

1.2.1. Os niveis de presión sonora, tanto na fase de execución como na de explotación da variante, cumprirán co disposto na Lei 7/1997, de protección contra a contaminación acústica (DOG do 20 de agosto) e, se é o caso, co disposto nas ordenanzas municipais ó respecto.

1.2.2. Unha vez se coñeza o trazado definitivo, realizarase un estudio acústico para coñece-la afección concreta tanto na fase de obra como na de explotación. En función do resultado deste estudio, proporanse medidas correctoras que garantan o cumprimento do disposto na citada Lei 7/1997. Estas medidas definiranse con detalle e incorporaranse ó proxecto definitivo.

2. Protección dos solos.

2.1. De forma previa ó comezo efectivo das obras, procederase a delimita-lo terreo afectado por estas, de xeito que se minimice a afección do proxecto sobre o territorio. Igualmente, definiranse os vieiros que se utilizarán no marco do proceso constructivo. Neste ámbito, primará o uso da propia traza fronte de vieiros locais preexistentes e, de ámbolos dous, fronte á apertura de novas vías. Estas deberán ser definidas e reflectidas en planos a escala 1:5.000 tal e como se require no punto 9.6.

2.2. Retirarase e amorearase a terra vexetal procedente dos labores de escavación e movementos de terras, tal e como se indica no estudio ambiental, co obxecto de empregala posteriormente no proceso de restauración e acondicionamento paisaxístico dos espacios afectados polas obras. Esta zona de amoreamento localizarase nos planos requiridos no punto 9.7. Esta terra vexetal mentres permaneza almacenada non poderá ser mesturada con ningún tipo de entullos.

2.3. Os amoreamentos deberán facerse de xeito que se impida a súa deterioración por compactación (polo paso de maquinaria) ou por erosión hídrica, e disporanse formando cordóns que non superen os 2 m de altura.

2.4. Naquelas zonas afectadas por movementos de terras, escavacións e, en xeral, todas aquelas operacións de obra que supoñan a aparición de superficies denudadas, procederase á súa revexetación unha vez que se acaden as superficies definitivas, co obxecto de evita-la aparición de fenómenos erosivos.

2.5. Os labores de mantemento da maquinaria de obra non apta para circular por estrada realizaranse dentro da zona de mantemento de maquinaria, dispoñendo dos medios necesarios para previr calquera afección ó solo por derramos accidentais. No caso da maquinaria apta para esta circulación, deberán realizarse en talleres autorizados.

2.6. Delimitarase, así mesmo, un espacio destinado á acollida das instalacións auxiliares á obra (parque de maquinaria, zona de almacenamento de materiais, etcétera). Deberá localizarse en espacios carentes de valores ambientais relevantes e estar dotada dos equipamentos necesarios para asegurar un funcionamento ambientalmente seguro das ditas instalacións. Esta zona reflectirase no plano requirido no punto 9.7.

2.7. Ó remata-las obras, tódalas instalacións auxiliares deberán ser desmanteladas e, no caso de que estas non se localizaran sobre a propia traza, restaurados os espacios ocupados por elas, de acordo co proxecto de restauración e revexetación requirido no punto 9.9 desta declaración.

2.8. Tódolos residuos que se xeren como consecuencia da execución desta estrada, xestionaranse en función da súa natureza e conforme a lexislación vixente en cada caso. O almacenamento temporal de residuos, á espera das sucesivas entregas a xestor autorizado, só se poderá realizar dentro da superficie abranguida polo proxecto en contedores debidamente sinalizados, garantindo que non se producen afeccións ó medio por vertidos accidentais.

3. Protección das augas e leitos.

3.1. Previamente a calquera afección no dominio público hidráulico, zona de servidume ou policía de álveos, será preceptiva a autorización administrativa outorgada por Augas de Galicia. No caso de que esta afección atinxa ós ecosistemas fluviais por vertido, requirirase informe preceptivo desta dirección xeral segundo o disposto no artigo 77.3º do Decreto 130/1997.

3.2. Procederase ó balizado ou sinalización axeitada, dos tramos da rede fluvial inscritos no ámbito de afección da infraestructura, co obxecto de preservalos de afeccións e danos innecesarios, quedando prohibida a utilización dos ditos espacios (marxes, ribeiras e zonas de servidume) como lugar para o depósito de materiais, parques de maquinaria, operacións de repostaxe, etcétera e, en xeral, todas aquelas actividades que, a consecuencia das escorregas ou dunha enchenta, puideran supo-la contaminación das augas a través da incorporación de substancias contaminantes.

3.3. Non se construirán pías nos leitos ou marxes dos cursos atravesados, deixando como mínimo 5 m entre as marxes e as zapatas ou estribos.

3.4. No caso do viaducto de Covas, deberá te-la lonxitude precisa de xeito que non se afecte a vexetación de ribeira presente na zona. Así mesmo, deseñarase o enlace coa autoestrada Santiago de Compostela-Ourense atendendo a esa mesma premisa.

3.5. Asemade e en fase de obra, disporanse sistemas que impidan a chegada de materiais procedentes dos movementos de terras, escavacións e dos procesos de voadura ás augas continentais, tal e como se require no punto 9.8 desta DIA. Ó mesmo tempo prohíbese o vertido de calquera substancia ás augas, en especial cementos e hidrocarburos, así como o lavado de materiais nos cursos.

3.6. O destino dos sobrantes decidirase previamente ó inicio das obras, elixindo zonas que, ademais de estar autorizadas, pola súa situación, morfoloxía e características garantan a non afección a cursos de auga, tanto directa como indirectamente.

3.7. No deseño dos dispositivos de drenaxe terase en conta a capacidade de acollida dos regatos receptores, de forma que as achegas non ocasionen alteracións substanciais nestes, así como o efecto que poida introducir pola diminución do tempo de concentración. Proxectaranse de xeito que se evite a formación de asolagamentos ou deposicións nos puntos de incorporación á rede natural.

3.8. Non estando previsto no estudio de impacto presentado a reserva dunha zona para a fabricación de formigón, áridos ou aglomerado asfáltico, estes, necesariamente, serán provistos desde planta ou plantas fóra da obra, e que conten coas debidas autorizacións, salvo que se solicite revisión da declaración coa inclusión da planta ou plantas.

3.9. Deberá seguirse o programa de seguimento da evolución da calidade das augas, tal e como se expón no estudio ambiental, que deberá abrangue-la totalidade da fase de obra e prolongarse, cando menos, ó longo dos tres primeiros anos de explotación da infraestructura. Deberase presentar este plan, detallando a periodicidade dos controis, así como a localización dos puntos de mostraxe.

4. Proteccion da vexetación.

4.1. Previamente a calquera afección á vexetación de ribeira obterase autorización do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural da Coruña. Así mesmo, para a corta de arborado realizarase a solicitude de autorización ou a comunicación de corta, segundo o caso, conforme o disposto no Regulamento de montes.

4.2. Respectarase sistematicamente todo tipo de vexetación existente que non estea afectada directamente pola execución da obra.

4.3. No deseño dos viaductos terase en conta a presencia da vexetación de ribeira, situando os apoios de xeito que tanto esta como os leitos non se vexan afectados.

5. Protección da fauna.

5.1. Aqueles labores do proceso de obras que impliquen a realización de voaduras, levaranse á práctica fóra do período de reproducción e cría das especies faunísticas do territorio.

5.2. As obras de drenaxe transversal deberán ter amplitude suficiente para permiti-lo paso da fauna.

Cando as obras de drenaxe afecten cursos permanentes, utilizaranse preferentemente estructuras que non afecten o leito, como pórticos ou arcos, evitando a instalación de pasos tipo marco. En caso de que tecnicamente non sexa posible, deberán xustificarse as estructuras que se instalarán, garantindo que co seu deseño non se xeren no punto de paso láminas de auga de pouca profundidade e excesiva velocidade, e que se minimiza a lonxitude do paso ó máximo posible. A totalidade do sistema de drenaxe debe ser considerado como paso bidireccional de fauna e, por tanto, desprovisto de estructuras de caída vertical que impidan o retorno. Así mesmo, o deseño de tódolos elementos de drenaxe deberá prever que as especies que caian neles poidan saír.

O deseño deste sistema de drenaxe deberá ser xustificado, segundo o requirido no punto 9.4.

6. Protección da paisaxe e restauración.

6.1. Tal e como se recolle na proposta de modificación, estudiarase a posibilidade de construír falsos túneles en zonas con grandes desmontes co fin de diminuí-lo impacto paisaxístico da vía.

6.2. Deberá redactarse un proxecto de restauración e acondicionamento paisaxístico dos espacios alterados polas obras, que terá como base o exposto no punto 6.1 do estudio ambiental. Nel, incluiranse os medios previstos no estudio de impacto ambiental, así coma aqueles outros que sexan precisos para dar cumprimento ás medidas sinaladas nesta declaración.

6.3. Este proxecto de restauración incorporará a restauración dos espacios onde se sitúen as instalacións auxiliares, zonas de préstamo, de localización de sobrantes e, en xeral, todos aqueles espacios afectados polas obras que non conten cun proxecto de restauración autorizado previamente.

7. Protección do patrimonio.

7.1. Definirase o viaducto do río Tella de xeito que non se afecte ó muíño da Ermida, no contorno do p.k. 1+700, pola construcción das pías. En todo caso, balizarase a zona previamente ó inicio das obras para evita-la circulación de maquinaria polas súas proximidades.

7.2. Para evitar afeccións indirectas debidas á circulación de maquinaria pola zona, previamente ó inicio das obras informarase a dirección de obra da localización exacta de tódolos elementos atopados nas prospeccións arqueolóxicas e procederase ó balizamento e sinalización axeitada.

7.3. Como medida correctora xeral, establécese a necesidade de realizar un seguimento e control dos movementos de terra durante a execución do proxecto.

7.4. Deberá presentarse un proxecto arqueolóxico para a realización da prospección arqueolóxica intensiva e para o control e seguimento arqueolóxico das fases de replanteo, de execución da obra e de restitución dos terreos, proxecto que terá que ser

autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, nesta fase previa ó inicio das obras.

7.5. Tódalas actuacións arqueolóxicas deberán ser realizadas por técnicos arqueólogos, de acordo cun proxecto presentado que deberá ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, tal e como se estipula no artigo 61 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia e no Decreto 199/1997, do 10 de xullo, polo que se regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia. O deseño do proxecto farase en coordinación coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

8. Seguimento e vixilancia.

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras establecidas no estudio de impacto ambiental e no condicionado desta declaración. O programa pode permitir detectar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudio ou no condicionado da declaración, permitindo determinar ou cuantificar efectos non previsibles e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Con este fin, adaptarase o Programa de vixilancia e seguimento ambiental contido no estudio de impacto ambiental ós novos condicionantes xurdidos desta declaración, incorporándose ás correspondentes partidas orzamentarias e remitíndoo ó órgano ambiental para a súa avaliación previa ó comezo das obras.

Tódalas medicións e analíticas deberán ser realizadas por entidade homologada ou acreditada, e os resultados deberán vir asinados por un técnico de dita entidade. Así mesmo, tal e como se estipula no punto 10.5 desta declaración, deberá nomearse un responsable do cumprimento do programa de vixilancia e seguimento ambiental.

O Plan de Vixilancia Ambiental deberá orzarse e incorporarse ás correspondentes partidas orzamentarias.

Tendo en conta o anterior, o promotor remitirá, a esta dirección xeral dous (2) exemplares de:

8.1. Durante a fase de obras:

8.1.1. Mensualmente: cronograma actualizado das obras, xunto cun plano no que se reflicta a zona de actuación prevista para o seguinte mes.

8.1.2. Trimestralmente: memoria do seguimento realizado de acordo co Programa de vixilancia e seguimento ambiental indicado no punto 9.11, xunto co cronograma actualizado das obras, no que se inclúa o desenvolvemento dos traballos de restauración. Indicaranse, se é o caso, as variacións producidas con respecto ó proxectado.

8.1.3. Antes da emisión da acta de recepción: memoria-resumo da aplicación do programa de vixilancia e seguimento ambiental que reflicta o cum

primento de tódalas medidas correctoras contempladas no estudio así como as impostas na DIA, e en concreto:

-Informe, acompañado de reportaxe fotográfica na que se reflicta o estado da vía e dos traballos de restauración levados a cabo, indicando se é o caso as variacións producidas con respecto ó proxectado.

-Estado da restauración, especialmente nas zonas de ribeira e onde se leven a cabo plantacións.

8.2. Despois da recepción das obras e anualmente durante tres (3) anos:

-Memoria-resumo do seguimento realizado de acordo co programa de vixilancia e seguimento ambiental solicitado no punto 9.11, no que se inclúan as incidencias producidas e as medidas adoptadas para a súa resolución.

No caso de xerarse algún informe especial, definido no Programa de vixilancia e seguimento ambiental do estudio presentado, remitirase coa maior brevidade posible a esta dirección xeral.

9. Documentación adicional.

Previamente o comezo do proceso constructivo, o promotor remitirá ó órgano ambiental para a súa avaliación e, se procede, imposición de novas medidas de corrección ou outras adicionais que de dito proceso puideran derivarse, dous (2) exemplares da seguinte documentación:

9.1. Descrición e xustificación da solución adoptada nas proximidades dos muíños de Sisto e da Ermida para evita-la súa afección, tal e como se indica no punto 7.1.

9.2. Xustificación da situación das pías dos viaductos que se van construír en relación ós cursos fluviais, tal e como se indica nos puntos 4.3.

9.3. Xustificación da lonxitude e deseño do viaducto de Covas e do enlace coa autoestrada Santiago de Compostela-Ourense, segundo o indicado no punto 3.4.

9.4. Descrición e xustificación de tódalas obras de drenaxe transversal, tendo en conta o indicado nos puntos 3.7 e 5.2.

9.5. Estudio de previsión de emisións acústicas axustado ó trazado definido no proxecto definitivo. Incluirá e definirá o conxunto de medidas correctoras precisas para asegura-lo cumprimento do exposto no punto 1.2 desta DIA. O estudio deberá incorporar un programa de seguimento que se realizará tanto na fase de obras como na de funcionamento, no que se xustifiquen as periodicidades dos controis que se van realizar. Xuntaranse de planos a escala 1/5.000 e referenciados en coordenadas UTM.

9.6. Memoria onde se defina a localización dos vieiros de obra, xustificando a necesidade de apertura de novos vieiros no caso de que se precisen. Acompañarase de planos a escala 1/5.000 e referenciados en coordenadas UTM onde conste a súa

localización e características, conforme establece no punto 2.1 desta DIA.

9.7. Memoria xustificativa da localización e equipamentos das instalacións auxiliares necesarios para a execución das obras proxectadas, así como das zonas de depósito de sobrantes. Xuntaranse planos a escala 1/5.000 e referenciado en coordenadas UTM onde conste, polo menos a localización das ditas zonas e os equipamentos con que se dotan, ademais dos elementos patrimoniais que hai que protexer e a situación dos amoreamentos de terra vexetal, tendo en conta o indicado nos puntos 2.2 e 7.2 da DIA.

9.8. Definición dos sistemas que se implementarán na fase de obra co obxecto de controla-la incorporación ás augas de materiais procedentes dos movementos de terras, escavacións e procesos de voadura, segundo o indicado no punto 3.5 da DIA. Xuntaranse de planos a escala 1/5.000 e referenciado en coordenadas UTM onde conste a súa localización.

9.9. Proxecto de restauración e integración paisaxística dos espacios afectados polas obras, conforme se establece no punto 6.1 da DIA, e segundo o indicado no estudio ambiental.

9.10. Proxecto arqueolóxico para a realización da prospección arqueolóxica intensiva e para o control e seguimento arqueolóxico das fases de replanteo, de execución da obra e de restitución dos terreos, segundo o requirido no punto 7.4, que inclúa planos, referenciados en coordenadas UTM, nos que se reflicta o trazado definitivo desta variante, así como as zonas seleccionadas para almacenamento de materiais, vieiros de obra e instalacións auxiliares.

9.11. Desenvolvemento do Programa de vixilancia ambiental incluído no estudio informativo, de xeito que se especifiquen, ademais dos controis que se van realizar, a periodicidade de cada un destes controis e os indicadores e limiares que determinarán a existencia dunha afección.

9.12. Documentación acreditativa de ter notificado a pequena producción de residuos perigosos para a fase de obras, segundo o Decreto 298/2000, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

10. Condicións adicionais.

10.1. A Dirección Xeral de Obras Públicas comunicará a esta dirección xeral a data de comezo de execución das obras.

10.2. Se unha vez emitida esta DIA, se manifestase algún outro tipo de efecto, severo ou crítico sobre o ambiente, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e se corrixan. Do mesmo xeito poderáse proceder no caso de incumprimento total ou parcial das condicións expostas nesta declaración.

10.3. Así mesmo, o incumprimento total ou parcial por parte do promotor, das condicións impostas nesta DIA, poderán ser causa suficiente para proceder á solicitude de peche cautelar e adopta-las medidas oportunas en cumprimento da legalidade vixente.

10.4. As condicións sinaladas nesta DIA son de obrigado cumprimento para o promotor. Sen embargo, este poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas sinaladas co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles casos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación ou implicasen modificacións importantes respecto do cumprimento dos obxectivos do proxecto, sempre e cando as novas medidas propostas, permitan acada-los obxectivos e metas que se fixan nesta declaración de impacto ambiental.

Nesta circunstancia, o promotor solicitarao, nun prazo máximo dun (1) mes de lle ser notificada esta declaración, á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental avaliaraas, comunicando o acordo adoptado ó promotor, que non poderá comeza-los traballos antes de contar cunha resolución desta dirección xeral para o efecto.

10.5. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento desta declaración, o promotor deberá designar un responsable deste, notificando o seu nomeamento ó órgano ambiental.

10.6. Calquera cambio no proxecto obxecto desta declaración deberá ser comunicado previamente a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen o avaliará e informará se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

10.7. O órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá dictar en calquera momento e para os sos efectos ambientais, condicionados adicionais ós que constan nesta DIA en función dos resultados que se acaden tanto no desenvolvemento das obras como durante a explotación, ou ante unha manifestación de calquera tipo de impacto non considerado ata o momento.

10.8. O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2002.

José Luís Díez Yañez

Director xeral de Calidade

e Avaliación Ambiental

ANEXO I

Descrición do proxecto

O proxecto obxecto de avaliación consiste na definición do corredor ou variante ó trazado actual da C-541 e a súa conexión coa rede de arterial de San

tiago de Compostela. Consideran dúas propostas de solución:

-Variante C-541: planéase unha nova estrada con orixe na C-541 que enlaza coa autoestrada Santiago de Compostela-Ourense á altura do p.k. 2+200.

-Conexión variante C-541-CN-550.

O estudio das distintas solucións de trazado para ámbolos dous casos estivo condicionado pola edificación, uso do solo e rede viaria preexistente. De acordo con iso, foron estudiadas tres alternativas, cada unha delas composta dunha solución para a variante á C-541 e outra solución para a conexión coa CN-550.

Tódalas alternativas teñen en común o punto final da variante á C-541 e enlace coa autoestrada Santiago de Compostela-Ourense, a orixe da conexión coa CN-550 é o contempla-la conexión da urbanización dos Tilos co enlace da autoestrada Santiago de Compostela-Ourense.

Alternativa 1:

Está conformada por unha variante á C-541 de 4,2 km e unha conexión CN-550 de 5,1 km. A variante parte do p.k. 5+800 da C-541 e rodea o núcleo de Cacheiras polo leste. Ascende para tomar cota de enlace coa conexión CN-550 na zona do Pombal no p.k. 1+850. Desde este punto o trazado segue en media ladeira pola zona de Penelas discorrendo entre unha serie de vivendas. Finalmente, chega ó enlace coa autoestrada Santiago de Compostela-Ourense á altura do p.k. 2+200, lugar próximo á EDAR de Barcia.

A conexión CN-550 busca o punto de paso pola C-541 á altura do p.k. 3+600. Inicialmente, bordea polo sur o núcleo de Carballal e seguidamente o de Solláns polo norte. Enlaza coa A-9 á altura do p.k. 1+750. Desde aquí, o trazado discorre a media ladeira rodeando o monte da Pabea e os núcleos de Vilar, Pedrouso e Igrexa. Enlaza coa C-541 entre o alto de Montouto e Cacheiras, no p.k. 3+900. Finalmente descende para conectar no Pombal coa variante C-541 antes descrita.

Alternativa 2:

Formada por unha variante C-541 de 6,2 km e unha conexión CN-550 de 4,3 km de lonxitude. A variante parte do p.k. 7+400 da C-541, rodeando no primer treito, o castro de Osebe polo oeste. Atravesa a C-541 en Cacheiras, onde enlaza coa conexión CN-550 e o propio núcleo (p.k. 2+700 da variante). Non se producen máis conexións nesta alternativa ata acada-la autoestrada de Ourense (p.k. 5+200). Neste último treito, o trazado discorre en paralelo á A-1, sen necesidade de acada-la cota de enlace no lugar de Pombal, transcorrendo, por tanto, pola zona de Penelas cun menor movemento de terras.

A conexión CN-550 utiliza como punto de paso pola C-541 o enlace de Cacheiras da variante, resultando a solución sur. Inicialmente, bordea polo sur os núcleos de Carballal e Solláns. Enlaza coa A-9

(p.k. 79+200) á altura do p.k. 2+000 mediante glorieta inferior desde a que se conecta o tráfico local desde a CP-8202. Desde aquí o trazado bordea o núcleo de Vilar polo sur chegando ó lugar de Constenla (p.k. 3+200), onde se sitúa un enlace que conecta co viario local. Finalmente, transcorre entre o núcleo de Igrexa e o campo de fútbol, para enlazar coa C-541 e a súa variante no enlace descrito con anterioridade (p.k. 4+250).

Alternativa 3:

Formada por unha variante C-541 de 7,7 km e unha conexión CN-550 de 5,7 km de lonxitude. A variante parte do p.k. 9+300 da C-541 e rodea o núcleo de Teo (A Ramallosa), a urbanización dos Verxeles e Cacheiras polo leste. Á altura do p.k. 1+750 atravesa mediante un viaducto de 240 m o val do río Tella. Enlaza coa CP-8201 e coa urbanización dos Verxeles no p.k. 2+600. Desde este punto, segue unha traxectoria sur-norte de forma paralela á C-541. Enlaza coa conexión CN-550 en Procelas á altura do p.k. 5+250. Rodea o núcleo de Penelas en media ladeira polo leste, progresando cara ó enlace coa autoestrada de Ourense (p.k. 6+850).

A conexión CN-550 busca o punto de paso pola C-541 á altura do p.k. 4+200, xerándose a solución Centro. Inicialmente bordea polo sur o núcleo de Carballal e o de Solláns (p.k. 1+600), enlazando coa estrada que comunica este último con Luou. Enlaza coa A-9 a 300 m ó norte do peaxe de Santiago de Compostela (p.k. 79+600) á altura do p.k. 2+200 mediante unha glorieta superior. Desde este punto, o trazado toma orientación SO-NE para enlazar coa CP-8202 no p.k. 3+400. Enlaza coa C-541 en Cacheiras no p.k. 4+450. Finalmente descende na súa rasante para conectar en Procelas coa variante C-541 antes descrita no p.k. 5+715.

Características comúns:

Sección transversal: calzada en corredor con dous carrís. A sección tipo está conformada por dúas beiravías de 1,75 m e dúas calzadas de 7 m.

Noiros: desmonte 1H/1V e terraplén 3H/2V.

Excepción: desmontes corredor A-1 p.k. 3+380-p.k. 5+100 e desmontes corredor A-3 p.k. 4+160-p.k. 5+718, que se proxectan como 1H/1,5V.

Drenaxe lonxitudinal: foxos.

Drenaxe transversal: obras de paso de sección rectangular para os principais regatos, mentres que as restantes serán tipo cano de sección circular.

ANEXO II

Resultado das consultas efectuadas

A Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural indica o seguinte:

Desde o punto de vista ambiental e facendo referencia ó estudio analizado, a A-3 é a que implica

unha maior ocupación superficial, se ben presenta menores repercusións sobre o medio.

Na zona de actuación non existe ningún espacio natural protexido. A pesar diso, sinálase que haberá que considera-la aplicación dun programa de medidas correctoras, que deberá modifica-los impactos cos seguintes obxectivos:

-Reduci-la intensidade das accións sobre o contorno mediante actuacións brandas.

-Compensa-los efectos negativos mediante a mellora dos positivos.

-Optimiza-la integración das obras mediante un aproveitamento do medio que permita acada-las metas fixadas polo proxecto.

Como posibles medidas que hai que ter en conta no desenvolvemento do dito programa, cítanse:

-Establece-la recollida, almacenamento, conservación e/ou xestión da terra vexetal afectada polas obras.

-Revexeta-las superficies denudadas con especies autóctonas nas zonas afectadas pola obra.

-Estabilización de noiros para evitar que os procesos erosivos provoquen desprendementos.

-Prever zonas de amoreamento e préstamos.

-Humidificación e/ou rega de materiais pulverulentos.

-Evitar modifica-los leitos ou zonas de filtración ou escorremento por escorrega para non influír nos ecosistemas naturais presentes augas abaixo da zona de obras.

-Evita-la deterioración ou calquera tipo de influencia negativa sobre os ecosistemas fluviais, protexendo en todo momento a vexetación de ribeira.

-Evita-lo depósito de residuos ou productos sólidos en zonas onde a consecuencia das escorregas se poidan producir arrastres cara a ríos ou regatos coa conseguinte contaminación das augas.

-Toma-las medidas de seguridade precisas para evitar derrames accidentais dos tanques de almacenamento de productos como aceites, graxas e carburantes.

-Integración estética respecto do medio das obras que se van realizar, minimizando o impacto visual e paisaxístico.

-Evitar, no posible, crear efectos barreira para animais e en caso de ser inevitable, estudia-la posibilidade de creación de pasos para fauna.

-Preservaranse integramente os cursos de auga e mananciais.

-Aplicarase o Programa de vixilancia ambiental, remitíndose os informes ó Servicio de Medio Ambiente Natural.

-Aplicarase un programa de mantemento á revexetación aplicada.

En todo caso e ademais deste conxunto de consideracións, realizarase un programa de vixilancia para proceder a tomar todas aquelas medidas de seguimento e control de obra, que deberá permitir actuar sobre aqueles impactos difíciles de predicir ou que xurdan durante os traballos, para actuar coas medidas oportunas en cada caso.

Así mesmo, estiman que o programa de medidas correctoras debe figurar e/ou considera-las seguintes cuestións:

-Tódalas medidas correctoras, protectoras e compensatorias deberán quedar definidas a nivel executable e incluiranse nos correspondentes plans e cronogramas de obra.

-Tódalas medidas correctoras, protectoras e compensatorias formuladas deben programarse dentro do plan de obra, tendo en conta que:

-A integración ambiental non é un tema subordinado á funcionalidade da obra.

-As medidas de integración deben programarse igual que o resto das actuacións.

-En moitas ocasións prodúcense efectos sobre a fauna e a flora que poden causar graves prexuízos, debéndose achegar unha solución coherente.

Así mesmo, tódalas medidas de integración ambiental deberán ir orzadas do mesmo xeito que o conxunto do proxecto.

Igualmente, debe orzarse a execución do programa de vixilancia ambiental.

A Dirección Xeral de Saúde Pública emite informa favorable.

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite informe favorable.

Engade que o proxecto constructivo na súa formulación definitiva deberá ser remitido á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para o seu informe vinculante, no que se deberá incluír un plan global de medidas correctoras que se realizaran nas distintas fases de realización das obras, co obxecto de protexer e conserva-los elementos do patrimonio cultural e o seguimento e control das obras por se se dera o caso de novas afeccións.

Este plan global de medidas correctoras debe incluí-las seguintes actuacións:

Presentación dun proxecto arqueolóxico para a realización dunha prospección arqueolóxica intensiva da alternativa seleccionada (A-3) e para o control e seguimento arqueolóxico das fases de replanteo, execución de obra e de restitución dos terreos, proxecto que deberá ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural de forma previa ó comezo das obras.

De acordo cos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección.

Tódalas actuacións arqueolóxicas deberán ser realizadas por técnicos arqueólogos, de acordo cun proxecto presentado e autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, tal e como estipula a normativa vixente na materia. Igualmente e tamén en virtude da citada normativa, os traballos arqueolóxicos serán realizados con cargo ó financiamento do proxecto.

Augas de Galicia indica que o estudio presentado, coa excepción dos viaductos do Tella e Covas, non define as características das obras de drenaxe, nin lonxitudinais, nin transversais; polo que se deberá esperar a fases ulteriores de redacción do proxecto para avalia-las afeccións que se poidan derivar no medio hídrico.

Polo tanto, considera que no momento procesual axeitado se realice a solicitude de autorización de obras contendo o estudio un anexo de drenaxe, onde se inclúan planos relativos ó proxecto constructivo que se vai executar. No dito anexo, deberá incluírse un estudio respecto da capacidade de desaugamento dos elementos de drenaxe, tanto lonxitudinais como transversais.

Para os cálculos de enchentes, poderase utiliza-lo método proposto nas instruccións de estradas 5.1 e 5.2, adoptándose un período de retorno de 25 anos para o caso da drenaxe lonxitudinal e de 100 e 500 anos, para a drenaxe transversal.

Engádese que, con carácter xeral, o proxecto deberá ter en conta aquelas especificacións que a lexislación vixente en materia de augas, establece en relación coas zonas de protección do dominio público hidráulicos, ás autorizacións de obra e de vertido.

En atención á proposta de Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa, sinala que o proxecto deberá considerar tanto os seus principios de actuación, como as infraestructuras previstas que puideran resultar afectadas.

En definitiva, considérase que de proseguir coa tramitación do estudio, débese ter como condicionante básico o feito de que a futura autorización reflectise que ela se axustará ó cumprimento das directrices e proposta de Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa, no que se refire ó ámbito da planificación hidrolóxica.

Engádese que, en fase de execución das obras, se deberán ter en conta medidas correctoras destinadas a preve-la alteración dos leitos, así como a prohibición de vertido de terras e residuos. Igualmente, prohíbese o lavado de maquinaria, así como labores de mantemento nas proximidades da rede fluvial. A calidade das augas deberá manterse de maneira que a súa clasificación entre a situación pre-operacional e post-operacional non resulte modificada.

Destacar que, sexa en fase de obras ou de explotación, en caso de requirirse o cruzamento de ríos ou outros leitos fluviais, así como a realización de vertidos, considerarase obrigatorio e necesario con

tar coas preceptivas autorizacións, que deberán ser tramitadas conforme a lexislación vixente e ante o organismo Augas de Galicia.

O Ministerio de Fomento, Autoestrada Central Galega e AUDASA indican que tódalas alternativas planean un enlace coa autoestrada Santiago de Compostela-Alto de Santo Domingo á altura do seu p.k. 2+200. Respecto diso, indica que a distancia entre enlaces consecutivos deberá ser superior a 6 km, aspecto que incumpre o enlace planeado.

Xustifícase a necesidade do dito enlace na imposibilidade, por saturación do sistema existente, de enlazar coa glorieta do Castiñeiriño, supoñendo que a autoestrada pasaría así a capta-la maior parte do tráfico de paso existente. Ante iso, sinalan que a referida autoestrada é unha estrada de titularidade estatal integrada nun itinerario de interese xeral que ten a finalidade de contribuír á formación dunha rede continua que soporte regularmente o tráfico de longo percorrido, finalidade que quedaría desvirtuada pola integración de tráficos locais que afectarán negativamente a seguridade vial e que acarrearán niveis de servicio inaceptables nesta parte da autoestrada e coa A-9.

Por último e en relación á consideración presente no estudio informativo onde se reflectirá a necesidade de que se execute o treito inicial (aprox. 2 km) da autoestrada Santiago de Compostela-Ourense e que este sexa libre de peaxe, sinalan que a modificación do réxime concesional actual da dita autoestrada só podería operar dentro dos límites e con suxeición ós requisitos e efectos legalmente establecidos e tendo presente a obriga da administración de compensa-lo concesionario de maneira que se manteña o equilibrio económico-financeiro da concesión.

Por todo iso, manifesta a súa oposición ó enlace do corredor alternativo á C-541 e conexión coa rede de alta capacidade de Santiago de Compostela coa autoestrada de peaxe Santiago de Compostela-Ourense no seu treito Santiago de Compostela-Alto de Santo Domingo.

A Demarcación de Estradas do Estado en Galicia sinala que a conexión dos novos accesos á rede estatal deberá levarse a cabo segundo o disposto na Orde ministerial do 16 de decembro de 1997, o que esixe, ademais doutros condicionantes, a realización de cruzamentos a distinto nivel e a prohibición de xiros á esquerda cando a IMD da estrada estatal sexa superior a 5.000 veh./día.

O Concello de Santiago de Compostela indica que a nova vía proxectada afecta o concello no treito delimitado polo viaducto de Covas e a intersección coa CN-525, xunto á gasolineira existente.

Este solo está cualificado no PXOU vixente como solo non urbanizable de protección de leitos, ribeiras e zonas baixas de val, no que existen grandes masas de especies forestais de ribeira.

Ademais, en dito treito, proxéctanse noiros de ata 18 m de altura, que xerarían un gran impacto sobre a zona.

Polo tanto, solicítase a prolongación, ó máximo posible, do viaducto de Covas.

O Concello de Teo solicita que se elabore un novo estudio sobre o corredor paralelo elaborado a partir de datos actualizados e tendo en conta a opinión dos veciños afectados. Solicítase, igualmente, a eliminación do proxecto de corredor transversal entre As Galanas e Cacheiras e que as vías precisas para o desenvolvemento da rede viaria do concello se contemplen no futuro PXOM.

Informe complementario sobre o estudio informativo que xustifica a proposta de conecta-lo corredor alternativo á C-541 coa autoestrada Santiago de Compostela-Ourense á altura do seu p.k. 2+200:

A solución proposta enmárcase dentro dun conxunto de actuacións encamiñadas a mellorar, tanto a calidade da rede viaria, como a fluidez do tráfico na comarca de Santiago de Compostela. Estas actuacións non so afectan o propio tráfico da cidade, senón que afectan os tráficos de longo percorrido que xera ou produce Santiago de Compostela e os que utilizan a rede viaria que o atravesa, pois en Santiago de Compostela conflúen os seguintes eixes:

Ferrol-A Coruña-Pontevedra-Vigo-norte de Portugal.

Santiago de Compostela-Ourense-meseta.

Santiago de Compostela-Lugo-cornisa Cantábrica.

Santiago de Compostela-Noia-Costa da Morte.

A) Xustificación da solución adoptada segundo a ordenación territorial:

A vía estudiada comparte na súa saída de Santiago de Compostela o mesmo corredor que a autoestrada Santiago de Compostela-Ourense. Por ocupación de solo, optimización de recursos e para non formar unha enorme barreira, non resultaría lóxico construír unha nova vía de alta capacidade en paralelo á nova autoestrada e a poucos metros dela. Ademais, a nova vía debería conectar coa rede viaria existente, existindo xa problemas para conecta-la autoestrada Santiago de Compostela-Ourense a ela.

B) Xustificación da solución adoptada segundo a conectividade:

Á hora de enlazar coa rede viaria de Santiago de Compostela e a A-9, a conectividade é moito mellor a través da autoestrada Santiago de Compostela-Ourense que a través da N-525, estimándose conveniente unha conexión directa entre vías de alta capacidade.

No informe da concesionaria, proponse a posibilidade de construír vías colectoras paralelas ó tronco da autoestrada ou simplemente elimina-lo enlace e conectar coa N-525. Calquera delas ten peor xustificación que o enlace, xa que implican un empeoramento do nó da A-9.

Ademais, conectar coa N-525 non ofrece prestacións para a conexión da futura autovía da Estrada coa rede de alta capacidade de Santiago de Compostela, por quedar a N-525 relegada a realizar tódolos movementos a nivel do nó da A-9.

No período de información pública non se recompilou ningunha alternativa de conexión diferente á de conectar co eixe Santiago de Compostela-Ourense e das diferentes posibilidades, o enlace proposto no estudio informativo, resulta a mellor solución.

C) Xustificación da solución adoptada segundo a afección á concesión:

No caso do enlace coa autoestrada de Ourense, só o tráfico que discorra polos dous primeiros quilómetros con orixe no enlace da A-9 e con dirección á variante da C-541 e viceversa, non efectuará peaxe. Polo tanto, o proxecto só afectara un incremento do tráfico nos dous primeiros quilómetros da autoestrada de Ourense.

D) Xustificación da solución adoptada segundo a distancia entre enlaces:

Os enlaces definidos ó nivel da norma 3.1 I.C trazado, especifícase que a distancia entre enlaces consecutivos en estradas de calzadas separadas será superior a 6 km salvo expresa xustificación en contra, establecéndose as distancias mínimas de seguridade entre entradas e saídas consecutivas de ramais de enlace en: superior a 1.200 m entre seccións características de final e comezo de carrís de cambio de velocidade e superior a 1.000 m entre punta e nariz para carrís de trenzado, distancias que se cumpren sobradamente na proposta de estudio informativo.

E) Xustificación da solución adoptada segundo o interese xeral:

Dentro dun ámbito periurbano, o deseño de vías de alta capacidade debe ter presente a comunicación coas principais fontes xeradoras de tráfico, así como a conexión co resto das estradas de interese xeral, polo que a análise desta vía non pode quedar enmarcada nunha conectividade lineal, senón que ha de ser dentro da conectividade global da cidade de Santiago de Compostela.

ANEXO III

Resumo de alegacións

-Susana Iglesias Nogueira e 6 veciños de Devesa.

Solicitan rectificacións de trazado nos lugares nos que o estudio informativo afecta a predios da súa propiedade, de maneira que este se desprace cara ó leste e minimice as afeccións sobre o conxunto dos predios referidos na alegación, que fan un total de sete.

-Veciños de Castres e O Piro.

Manifestan o seu rexeitamento ó proxecto pois afecta directamente un mínimo de 6 vivendas habitadas e altera significativamente os accesos ou a

estructura doutras 9 propiedades con vivendas habitadas.

Sinalan tamén que un total de 4 vivendas quedarán a menos de 20 m da zona de ocupación da infraestructura.

Sinalan que a vía proxectada vulnerará os límites de contaminación acústica previstos na Lei 7/1997 para o caso de 13 vivendas.

Xera unha ruptura do núcleo rural de Castres-Oza, ó que a vía secciona pola metade.

Por todo iso solicitan un trazado alternativo ó nivel da urbanización dos Tilos, de maneira que o trazado pase a esta polo oeste.

-Victor Rivas Criado.

Solicita unha lixeira rectificación do trazado, á altura aproximada do p.k. 2+400, co obxecto de que este se afaste da vivenda da súa propiedade sita no lugar de Cepeda (Agro da Estivada), parroquia de Oza, concello de Teo.

-Antonio Sande Fernández.

Sinala ser copropietario dun predio con vivenda no lugar de Raña nº 13, afectada polo p.k. 3+400, próximo ó enlace coa CP-8202, pois ocuparíase a totalidade do terreo lindante coa vivenda, quedando esta contigua á calzada.

Sinala que non sería posible corrixi-lo impacto acústico xerado por esta situación, polo que solicita un desprazamento do trazado ou ben a expropiación da totalidade do predio, vivenda incluída.

-Francisco Pascual Seoane.

Solicita que se rexeite o estudio e se realice un novo considerando a situación real do poboamento na zona, co obxecto de minimiza-las afeccións sociais e económicas sobre os veciños de Teo, únicos prexudicados polo proxecto. En especial, maniféstase o rexeitamento ó chamado treito conexión N-550.

-AAVV San Simón de Cacheiras.

Sinala que o treito chamado conexión N-550 ten unha alta incidencia social e ambiental no sentido de que discorre por zonas habitadas e divide a varios núcleos.

Que pese a iso, só se establecen dous pasos transversais a pé e tres para vehículos.

Que non resulta necesario para os veciños. Que supón un atentado á paisaxe e demais factores ambientais. Por todo iso solicita que se rexeite ou desestime o treito indicado.

-Veciños de Sixto, Cruces, Igrexa e Vilar.

Sinalan que o trazado da chamada conexión N-550 atravesa o lugar de Sixto entre o p.k. 3+393-p.k. 4+401, cortando as servidumes que dan acceso ó muíño de Sixto, así como que os veciños situados ó sur da vía quedan sen acceso a unha propiedade comunal de interese etnográfico, polo que solicitan que se desestime o dito treito.

-Veciños de Sixto, Cruces, Igrexa e Vilar.

Sinalan que o trazado da chamada conexión N-550 atravesa o lugar de Sixto entre o p.k. 3+393-p.k. 4+401, cortando a vía que comunica Guldrís con Cacheiras e seccionando o núcleo de Sisto, non propoñendo ningunha reposición de vías, co que se alteran os modos de vida e desprazamento, en especial os peonís entre ámbolos dous lados da futura vía, polo que solicitan que se desestime o dito treito.

Así mesmo, corta as liñas de fluxo das escorregas do monte Estivadiña, onde se sitúa o nacemento do Tella, que quedaría represado pola vía, non recolléndose no proxecto a reposición dos ditos fluxos, o que suporía inundacións para as vivendas e predios situados ó norte da vía, polo que solicitan que se desestime.

-Luis M. Sobrado Fernández.

Sinala que o trazado proposto secciona ós núcleos de Mazas, Sto. Domiño e Solláns, xerando ademais un efecto barreira sobre as augas, o que provocará inundacións periódicas.

Engade que o dito seccionamento impedirá os desprazamentos a pé e o acceso a colexios, igrexas, centros comerciais, etcétera.

Continúa sinalando que o trazado xerará servidumes urbanísticas, o que lle impedirá construír unha vivenda que ten proxectada nun predio da súa propiedade.

Continúa manifestando o seu rexeitamento ó proxecto de acordo cos múltiples impactos ambientais que xeraría, polo que solicita que se desestime.

-José Ramos Durán.

Considera innecesaria a chamada conexión N-550. Sinala que o treito chamado conexión N-550 ten unha alta incidencia social e ambiental no sentido de que discorre por zonas habitadas e divide a varios núcleos.

Que pese a iso, só se establecen dous pasos transversais a pé e tres para vehículos.

Que non resulta necesario para os veciños.

Que supón un atentado á paisaxe e demais factores ambientais.

Considérase tendenciosa e dirixida a parte do estudio informativo onde se xustifica a elección da alternativa proposta.

Engade que lle resultaría afectada unha parcela da súa propiedade, con casa, piscina, pozo e barbacoa, etcétera, que deberían ser compensadas en función do seu valor real.

Por todo iso solicitan que se rexeite ou desestime o treito indicado.

-1.429 veciños de Calo, Teo, Ramallosa, Milladoiro, Santiago de Compostela, Balcaide...

Consideran innecesaria a chamada conexión N-550. Sinala que o treito chamado conexión N-550

ten unha alta incidencia social e ambiental no sentido de que discorre por zonas habitadas e divide a varios núcleos.

Que pese a iso, só se recollen dous pasos transversais a pé e tres para vehículos.

Que non resulta necesario para os veciños.

Que supón un atentado á paisaxe e demais factores ambientais.

Por todo iso solicitan que se rexeite ou desestime o treito indicado.

-AAVV San Simón de Cacheiras.

Manifestan o seu rexeitamento á chamada conexión N-550 porque corta o chamado camiño real á altura do p.k. 4+830, p.k. 3+579-p.k. 4+066, camiño que é o resto dunha vía medieval onde tivo lugar a batalla de Cacheiras (1846).

Solicitan que se desestime o proxecto polas citadas afeccións ó patrimonio.

-Mª Carmen Alfonsín e José Vázquez.

Manifestan o seu rexeitamento ó treito chamado conexión N-550 por ser innecesario para os veciños da zona, seccionar núcleos e parroquias, modifica-los modos de vida da zona e xerar alteracións ambientais de carácter diverso: ruídos, augas, vexetación, etcétera.

Engaden ser titulares dun predio urbano dedicado a restaurante e hospedaxe e un predio rústico, que serían afectados polo dito treito.

-Elvira Souto e veciños de Tras do Eixo, Torre, Devesa e Castres.

Manifestan o seu rexeitamento ó treito comprendido entre os enlaces de Procelas e CP-8202 baseándose en que no estudio non figuran moitas das vivendas hoxe existentes que se verán afectadas e a un incorrecto proceso de EIA.

Solicitan o desprazamento do treito citado cara ó leste.

-445 veciños de Teo e Santiago de Compostela.

Sinalan que o treito chamado conexión N-550 ten unha alta incidencia social e ambiental no sentido de que discorre por zonas habitadas e divide a varios núcleos.

Que pese a iso, só se recollen dous pasos transversais a pé e tres para vehículos.

Que non resulta necesario para os veciños.

Que supón un atentado á paisaxe e demais factores ambientais.

Por todo iso solicita que se rexeite ou desestime o treito indicado.

-Santiago Bas López.

Rexeita que o proxecto no seu conxunto sexa necesario, pois considera inexistentes os problemas de tráfico.

Manifesta que tódalas alternativas son rexeitables, ben por seccionar núcleos, ben por discorrer próximas a colexios, etcétera.

Manifesta que o EIA infravalora os impactos paisaxísticos e sobre a fauna, pois omite información importante.

Considera que o proxecto se realiza para beneficio de CESA, para facilita-lo acceso e uso da autoestrada da que é concesionaria.

-Sabino Cortizo Valladares e 12 veciños máis.

Manifesta o seu desacordo cos contidos do EIA, ó que considera como moi xeral e falto de aproximación á situación real do espacio en que se proxecta o trazado. Rexeita a chamada conexión N-550.

-Josefina Carballal Rial e 16 veciños máis.

Considera innecesaria a chamada conexión N-550. Sinala que o treito chamado conexión N-550 ten unha alta incidencia social e ambiental no sentido de que discorre por zonas habitadas e divide varios núcleos.

Que pese a iso, só se recollen dous pasos transversais a pé e tres para vehículos.

Que non resulta necesario para os veciños.

Que supón un atentado á paisaxe e demais factores ambientais.

Engade que lle resultaría afectada unha parcela da súa propiedade.

Por todo iso solicita que se rexeite ou desestime o treito indicado.

-Serxio Lavandera e 5 veciños máis.

Manifestan o seu rexeitamento á variante da C-541 por:

Rompe-lo contorno paisaxístico do vale de Sta. Lucía.

Pasa a so 150 m do santuario de Sta. María da Cabeza.

Corta o camiño real Santiago de Compostela-Portugal.

Elimina unha carballeira centenaria en Penelas-Tras do Eixo.

Xeraría danos en vivendas no lugar de Penelas-Tras do Eixo.

A rotonda de Penelas incumpre a distancia legal entre rotondas de 2 km e a execución da dita rotonda implica o derribo de 5 vivendas.

Solicitan unha modificación á altura da rotonda de Penelas.

-Manuel Mirás Calvo e 7 veciños máis.

Sinala que o treito chamado conexión N-550 ten unha alta incidencia social e ambiental no sentido de que discorre por zonas habitadas e divide a varios núcleos.

Que pese a iso, so se recollen dous pasos transversais a pé e tres para vehículos.

Que non resulta necesario para os veciños.

Que supón un atentado á paisaxe e demais factores ambientais.

Engade que lle resultarían afectadas tres parcelas da súa propiedade.

Por todo iso solicita que se rexeite ou desestime o treito indicado.

-Ana C. Mouro Peña e 6 veciños máis.

Sinala que o treito chamado conexión N-550 carece de sentido para os veciños de Cacheiras, pois terá por efecto trasladar tráfico desde a dita vía cara ó núcleo de Cacheiras.

Que o dito treito seccionaría varias aldeas, efecto que incluso tería a rotonda proxectada no centro mesmo de Cacheiras.

Engade que dado que a zona está en proceso de concentración parcelaria, deberíanse aproveita-los corredores das pistas de concentración para este treito e se non fora así, que se desestime o dito treito.

-Anxo Sanfiz Romai.

Solicita a instalación de pantallas antirruído na ponte da autoestrada A-9 á altura de Angrois e desde o cruce da de Ourense co Castiñeiriño.

-AAVV Castro Lupario.

Sinala que o treito chamado conexión N-550 ten unha alta incidencia social e ambiental no sentido de que discorre por zonas habitadas e divide a varios núcleos.

Que pese a iso, só se recollen dous pasos transversais a pé e tres para vehículos.

Que non resulta necesario para os veciños.

Por todo iso solicita que se rexeite ou desestime o treito indicado.

Resolución do 28 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se revisa a declaración de impacto ambiental do estudio informativo do corredor alternativo á C-541 e conexión coa rede de alta capacidade de Santiago de Compostela e Teo (A Coruña). Clave: AC/99/73.0, promovido pola Dirección Xeral de Obras Públicas.

Con data de 11 de abril de 2002 a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental emitiu a resolución pola que se formula a declaración de impacto ambiental (DIA) do estudio informativo do corredor alternativo á C-541 e conexión coa rede de alta capacidade de Santiago de Compostela e Teo (A Coruña), promovido pola Dirección Xeral de Obras Públicas.

O 18 de novembro de 2002 recíbese nesta dirección xeral unha proposta de modificación da citada DIA remitida pola Dirección Xeral de Obras Públicas.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer por esta revisión da

declaración de impacto ambiental as modificacións que a continuación se indican:

-Na páxina 1 de 24, no parágrafo 3º:

Onde di:

«O obxecto do estudio é o de defini-lo trazado da variante da C-541 e a conexión desta coa N-550 a nivel de estudio informativo, para o que se presentan tres alternativas, elixindo finalmente a alternativa 3. Tódalas alternativas teñen unha lonxitude entre 9 e 14 km, cunha sección transversal 7-10,5 en corredor, deixándose para unha fase posterior a construcción da segunda calzada».

Substitúese por:

«O proxecto obxecto de avaliación consiste na definición do corredor ou variante ó trazado actual da C-541 e a súa conexión coa rede arterial de Santiago de Compostela. Considéranse dúas propostas de solución:

*Variante C-541: proponse unha nova estrada con orixe na C-541 que enlaza coa autoestrada Santiago de Compostela-Ourense á altura do p.k. 2+200.

*Conexión variante C-541-CN-550.

Para ámbalas dúas propostas preséntanse tres (3) alternativas de trazado, propoñéndose como opción elixida á chamada alternativa 3, que no primeiro caso, ten a súa orixe na propia C-541 á altura do cruce do regato de Fornelos (A Florida) e que deixando os núcleos da Ramallosa e Cacheiras ó oeste, progresa en dirección norte ata entroncar coa autoestrada Santiago de Compostela-Ourense nun lugar próximo ós Tilos.

No segundo caso (conexión variante C-541-CN-550), esta opción de trazado parte do enlace de Procelas (p.k. 5+250 da variante), desde onde progresa en dirección oeste deixando o núcleo de Cacheiras ó sur ata entroncar coa CN-550 no lugar de As Galanas».

-Na páxina 3 de 24, na alínea a) Ámbito da declaración:

Onde di:

«Esta declaración refírese exclusivamente ó proxecto desenvolvido no documento titulado estudio informativo e avaliación ambiental. Corredor alternativo á C-541 e conexión coa rede de alta capacidade de Santiago de Compostela, para a alternativa seleccionada no propio estudio, é dicir, alternativa 3, modificado pola proposta de modificación ó trazado a raíz das alegacións presentadas. Esta última proposta queda definida no plano titulado planta xeral aprobación. Xaneiro 2002».

Substitúese por:

«Esta declaración de impacto ambiental refírese ó proceso de execución e explotación do proxecto desenvolvido no estudio informativo do corredor alternativo á C-541 e conexión coa rede de alta capacidade de Santiago de Compostela. Clave: AC/99/73.0., constando a súa descrición no anexo I desta declaración de impacto ambiental.

Por outra parte, a consecuencia dos resultados obtidos do proceso de consultas e información pública a que foi sometido o referido estudio informativo do corredor alternativo á C-541 e conexión coa rede de alta capacidade de Santiago de Compostela. Clave: AC/99/73.0. e, unha vez avaliadas as respostas ás consultas efectuadas, así como ás alegacións presentadas, a Dirección Xeral de Obras Públicas, tras acada-lo consenso coas partes, modifica o citado estudio informativo nos seguintes termos:

* Á vista das alegacións presentadas, déixase en suspenso o trazado da vía urbana transversal comprendida entre a C-541 e a CN-550 nas Galanas, para que sexa definido no futuro a través dos instrumentos de planeamento que recolle a Lei de ordenación do territorio de Galicia e a Lei do solo de Galicia.

* Adóptase o trazado proposto polo concello de Teo, na súa parte inicial. É dicir, establécese que a variante parta do p.k. 10+500 da C-541, aproximadamente un quilómetro antes do punto de partida da solución do estudio informativo, aumentando o trazado proposto en 950 metros. No estudio informativo recollíase como solución para esta zona, a mellora de trazado da estrada actual en 700 m pola súa perigosidade, adopta-la solución de novo trazado proposta, supón adoptar unha mellora da seguridade vial máis ambiciosa.

* Varia-la situación do enlace coa CP-8201 para conseguir unha menor ocupación ó non ser necesario un ramal de enlace para conectar coa intersección dos Verxeles.

* Varia-la rasante na zona de Castres e na zona da Torre. A rasante deprímese en Castres e A Torre para mellora-la afección ambiental, é dicir, menor impacto paisaxístico, mellora da permeabilidade transversal (mediante pasos elevados, posibilidade de falso túnel, menor impacto acústico, etc.). Deste xeito, naquelas zonas nas que existe un maior número de vivendas, a rasante sitúase aproximadamente 7 metros baixo o terreo existente.

* Axusta-lo trazado do último treito da conexión con C-541 en Cacheiras e a situación do enlace de Procelas. Modifícanse os criterios de trazado á conexión coa C-541 en Cacheiras para adaptarse máis á topografía e mellora-la afección ás vivendas próximas; así mesmo, o enlace de Procelas varía a súa situación uns 250 m».

-Na páxina 5 de 24, no punto 3.4.:

Onde di:

«No caso do viaducto de Covas, deberá te-la lonxitude precisa de xeito que non se afecte á vexetación de ribeira presente na zona. Así mesmo, deseñarase o enlace coa autoestrada Santiago de Compostela-Ourense atendendo a esa mesma premisa».

Substitúese por:

«No caso do viaducto de Covas, de non xustificarse axeitadamente a inviabilidade técnica desta solu

ción, deberá te-la lonxitude precisa de xeito que non se afecte a vexetación de ribeira presente na zona. Así mesmo, deseñarase o enlace coa autoestrada Santiago de Compostela-Ourense atendendo a esa mesma premisa».

-Nas páxinas 12 e 13 de 24, o anexo I substitúese por:

«ANEXO I

Descricion do proxecto

O proxecto obxecto de avaliación consiste na definición do corredor ou variante ó trazado actual da C-541 e a súa conexión coa rede de arterial de Santiago de Compostela. Consideran dúas propostas de solución:

* Variante C-541: planease unha nova estrada con orixe na C-541que enlaza coa autoestrada Santiago de Compostela-Ourense á altura do p.k. 2+200.

* Conexión variante C-541-CN-550.

O estudio das distintas solucións de trazado para ámbolos dous casos estivo condicionado pola edificación, uso do solo e rede viaria preexistente. De acordo con iso, foron estudiadas tres alternativas, cada unha delas composta dunha solución para a variante á C-541 e outra solución para a conexión coa CN-550.

Tódalas alternativas teñen en común o punto final da variante á C-541 e enlace coa autoestrada Santiago de Compostela-Ourense, a orixe da conexión coa CN-550 é establece-la conexión da urbanización dos Tilos co enlace da autoestrada Santiago de Compostela-Ourense.

Alternativa 1:

Está conformada por unha variante á C-541 de 4,2 km e unha conexión CN-550 de 5,1 km. A variante parte do p.k. 5+800 da C-541 e rodea o núcleo de Cacheiras polo leste. Ascende para tomar cota de enlace coa conexión CN-550 na zona do Pombal no p.k. 1+850. Desde este punto o trazado segue en media ladeira pola zona de Penelas discorrendo entre unha serie de vivendas. Finalmente, chega ó enlace coa autoestrada Santiago de Compostela-Ourense á altura do p.k. 2+200, lugar próximo á EDAR de Barcia.

A conexión CN-550 busca o punto de paso pola C-541 á altura do p.k. 3+600. Inicialmente, bordea polo sur o núcleo de Carballal e seguidamente o de Solláns polo norte. Enlaza coa A-9 á altura do p.k. 1+750. Desde aquí, o trazado discorre a media ladeira rodeando o monte da Pabea e os núcleos de Vilar, Pedrouso e Igrexa. Enlaza coa C-541 entre o alto de Montouto e Cacheiras, no p.k. 3+900. Finalmente descende para conectar no Pombal coa variante C-541 antes descrita.

Enlaces variante:

C-541. p.k. 0+300. Tipo trompeta.

O Pombal. p.k. 1+850. Glorieta a desnivel.

A. central: p.k. 3+360. Glorieta.

CN-525: p.k. 4+195. Glorieta.

Enlaces conexión:

CN-550. p.k. 0+000. Glorieta.

A-9. p.k. 1+750. Trevo parcial.

Montouto. p.k. 3+900. Glorieta a desnivel.

O Pombal. p.k. 5+060. Glorieta a desnivel.

Obras de interese variante:

Paso superior. p.k. 1+450. Pista Procelas-Tras do Eixo.

Paso superior. p.k. 2+950. Pista Penelas-Covas.

Viaducto regato de Cobas. p.k. 3+440-p.k. 3+580.

Paso inferior. p.k. 3+900. Pista en Balado.

Obras de interese conexión:

Paso superior. p.k. 0+450. Pista Carballal-Folgueiras.

Paso inferior. p.k. 1+250. CP-8202.

Paso superior. p.k. 1+600. CP-8202.

Paso superior. p.k. 2+900. Pista forestal.

Paso superior. p.k. 3+700. Pista forestal.

Alternativa 2:

Formada por unha variante C-541 de 6,2 km e unha conexión CN-550 de 4,3 km de lonxitude. A variante parte do p.k. 7+400 da C-541, rodeando no primeiro treito, o castro de Osebe polo oeste. Atravesa a C-541 en Cacheiras, onde enlaza coa conexión CN-550 e o propio núcleo (p.k. 2+700 da variante). Non se producen máis conexións nesta alternativa ata acada-la autoestrada de Ourense (p.k. 5+200). Neste último treito, o trazado discorre en paralelo á A-1, sen necesidade de acada-la cota de enlace no lugar do Pombal, transcorrendo, por tanto, pola zona de Penelas cun menor movemento de terras.

A conexión CN-550 utiliza como punto de paso pola C-541 o enlace de Cacheiras da variante, resultando a solución sur. Inicialmente, bordea polo sur os núcleos de Carballal e Solláns. Enlaza coa A-9 (p.k. 79+200) á altura do p.k. 2+000 mediante glorieta inferior desde a que se conecta o tráfico local desde a CP-8202. Desde aquí o trazado bordea o núcleo de Vilar polo sur chegando ó lugar de Constenla (p.k. 3+200), onde se sitúa un enlace que conecta co viario local. Finalmente, transcorre entre o núcleo de Igrexa e o campo de fútbol, para enlazar coa C-541 e a súa variante no enlace descrito con anterioridade (p.k. 4+250).

Enlaces variante:

Ramallosa. p.k. 0+600. Tipo trompeta.

Cacheiras. p.k. 2+700. Glorieta a desnivel.

A. central. p.k. 5+300. Glorieta a desnivel.

CN-525. p.k. 6+200. Glorieta.

Enlaces conexión:

CN-550. p.k. 0+000. Glorieta.

A-9. p.k. 2+000. Glorieta a desnivel.

Constenla. p.k. 3+200. Glorieta a desnivel.

Cacheiras. p.k. 4+260. Glorieta a desnivel.

Obras de interese variante:

Paso superior. p.k. 1+300. Pista Seoane-Catro Camiños.

Paso superior. p.k. 3+450. Pista Procelas-Tras do Eixo.

Paso superior. p.k. 4+300. Pista Penelas-Montouto.

Paso superior. p.k. 4+950. Pista Penelas-Covas.

Viaducto regato de Cobas. p.k. 5+440-p.k. 5+580.

Paso inferior. p.k. 5+900. Pista en Balado.

Obras de interese conexión:

Paso superior. p.k. 0+450. Pista Carballal-Folgueiras.

Paso superior. p.k. 1+600. Pista Sollans-S.Domiño.

Paso superior. p.k. 1+820. CP-8202.

Paso superior. p.k. 2+900. CP-8202.

Paso superior. p.k. 3+800. Pista A Igrexa-C.Fútbol.

Alternativa 3:

Formada por unha variante C-541 de 7,7 km e unha conexión CN-550 de 5,7 km de lonxitude. A variante parte do p.k. 9+300 da C-541 e rodea o núcleo de Teo (A Ramallosa), a urbanización dos Verxeles e Cacheiras polo leste. Á altura do p.k. 1+750 atravesa mediante un viaducto de 240 m o val do río Tella. Enlaza coa CP-8201 e coa urbanización dos Verxeles no p.k. 2+600. Desde este punto, segue unha traxectoria sur-norte de forma paralela á C-541. Enlaza coa conexión CN-550 en Procelas á altura do p.k. 5+250. Rodea o núcleo de Penelas en media ladeira polo leste, progresando cara o enlace coa autoestrada de Ourense (p.k. 6+850).

A conexión CN-550 busca o punto de paso pola C-541 á altura do p.k. 4+200, xerándose a solución centro. Inicialmente bordea polo sur o núcleo de Carballal e o de Solláns (p.k. 1+600), enlazando coa estrada que comunica este último con Luou. Enlaza coa A-9 a 300 m ó norte do peaxe de Santiago de Compostela (p.k. 79+600) á altura do p.k. 2+200 mediante unha glorieta superior. Desde este punto, o trazado toma orientación SO-NE para enlazar coa CP-8202 no p.k. 3+400. Enlaza coa C-541 en Cacheiras no p.k. 4+450. Finalmente descende na súa rasante para conectar en Procelas coa variante C-541 antes descrita no p.k. 5+715.

Enlaces variante:

Ramallosa. p.k. 0+500. Tipo trompeta.

CP-8201. p.k. 2+600. Glorieta a desnivel.

Procelas. p.k. 5+250. Glorieta a desnivel.

A. central. p.k. 6+840. Glorieta a desnivel.

CN-525. p.k. 7+680. Glorieta.

Enlaces conexión:

CN-550. p.k. 0+000. Glorieta.

Solláns. p.k. 1+600. Glorieta a desnivel.

A-9. p.k. 2+200. Glorieta a desnivel.

CP-8202. p.k. 3+400. Glorieta a desnivel.

Cacheiras. p.k. 4+450. Glorieta a desnivel.

Procelas. p.k. 5+715. Glorieta a desnivel.

Obras de interese variante:

Paso superior. p.k. 1+100. Pista Ramallosa-Luci.

Viaducto río Tella. p.k. 1+640-p.k. 1+880.

Paso superior. p.k. 4+600.

Paso inferior. p.k. 5+100. Pista Procelas.

Paso superior. p.k. 5+500. Pista Tras do Eixo-Penelas.

Viaducto regato de Cobas. p.k. 6+920-p.k. 7+060.

Paso inferior. p.k. 7+400. Pista en Balado.

Obras de interese conexión:

Paso superior. p.k. 0+450. Pista Carballal-Folgueiras.

Paso superior. p.k. 1+300.

Aspectos comúns ás alternativas:

Sección transversal: calzada en corredor con dous carrís. A sección tipo está conformada por dúas beiravías de 1,75 m e dúas calzadas de 7 m.

Noiros: desmonte 1H/1V e terraplén 3H/2V.

Excepción: desmontes corredor A-1 p.k. 3+380-p.k. 5+100 e desmontes corredor A-3 p.k. 4+160-p.k. 5+718, que se proxectan como 1H/1,5V.

Firmes: solución I do catálogo da instrucción 6.1-I.C. e 6.2-I.C; composto por 20 cm de saburra artificial e 30 cm de mesturas bituminosas.

Drenaxe lonxitudinal: foxos.

Drenaxe transversal: obras de paso de sección rectagular para os principais arroios, mentras que as restantes serán tipo cano de sección circular.

Reposición de servicios: repóñense os viarios mediante a construcción de vías laterais de servicio e pasos a desnivel, considerándose tamén a reposición de redes de abastecemento, saneamento, telefonía, etc. que puideran verse afectadas».

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2002.

José Luís Díez Yáñez

Director xeral de Calidade

e Avaliación Ambiental