Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 11 de agosto de 2003 Páx. 10.501

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2003, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se anuncia o concurso público número 2DP/2003 para a contratación dun servicio de limpeza das oficinas da dirección provincial.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Servicio Galego de Saúde, Dirección Provincial da Coruña, r/ Durán Loriga, nº 3- 4ª andar, código postal 15003.

Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

Número de expediente: 2DP/2003.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: servicio de limpeza das oficinas da dirección provincial do Sergas.

Lugar de execución: Durán Loriga nº 3, A Coruña.

Prazo de execución: un ano desde a súa formalización.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 34.248,00 A (trinta e catro mil douscentos corenta e oito euros).

5. Garantía provisional: non hai.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ve-lo punto 1.

b) Teléfono: 981 18 56 52.

c) Telefax: 981 18 56 78.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira, e solvencia técnica e profesional: xeral (acreditación libre por un ou varios dos medios referidos no TRLCAP, art. 16 e 19 ).

b) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Presentación de ofertas.

As proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro da Dirección Provincial do Sergas da Coruña, antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío de conformidade co establecido no punto 5.2º 2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura de ofertas.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Dirección Provincial do Sergas da Coruña, r/ Durán Loriga, nº 3, a partir

das 10.00 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dita día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

11. Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Páxina web para obter información desta convocatoria: www.sergas.es.

A Coruña, 11 xullo de 2003.

María Silva Costoya

Directora provincial da Coruña