Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 11 de agosto de 2003 Páx. 10.484

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 15 de xullo de 2003, do Servicio de Tesourería da Subdirección Xeral do Tesouro, polo que se fai público o extravío do xustificante de depósito provisional en metálico 46/2002, para os efectos da expedición dun duplicado.

Faise público por medio deste anuncio o extravío do xustificante de depósito nº 46/2002 constituído o día 11 de xaneiro de 2002 en Santiago de Compostela, por medio de depósito provisional en metálico polo importe de euros 588,00, e que garante á empresa Feiraco S. Coop. Ltda.

Requírense, no prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio, aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar, deberán presentalo na Subdirección Xeral do Tesouro da Consellería de Economía e Facenda, con domicilio en el edificio administrativo nº 3 de San Caetano en Santiago de Compostela.

Transcorrido o referido prazo sen presentarse, expedirase un novo xustificante que anulará o exemplar orixinal.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2003.

Julio Pombo Grille

Xefe de servicio de Tesourería