Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 08 de agosto de 2003 Páx. 10.441

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento da concesión de explotación derivada do permiso de investigación denominada Rañadoiro, 2651.1.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que a Dirección Xeral de Industria lle otorgou a Granitos Salceda, S.L., con data do 18-11-2002, a

concesión de explotación derivada do permiso de investigación denominada Rañadoiro nº 2651.1, de dúas cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Pontevedra e Soutomaior, da provincia de Pontevedra, sendo as súas coordenadas xeográficas as seguintes:

VérticeLonxitudeLatitude

18º34'20''42º22'00''

28º34'20''42º21'40''

38º35'00''42º21'40''

48º35'00''42º22'00''

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 8 de xullo de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra