Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 08 de agosto de 2003 Páx. 10.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2003, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación, polo trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de conexión entre as estradas PO-310 e C-531 en Campañó (Poio), treito I, treito Pontevedra-Poio (clave: PO/02/017.01.01), termos municipais de Poio e Pontevedra.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu punto 2 a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 23 de xaneiro de 2003, procédese á aprobación do proxecto de trazado das obras: conexión entre as estradas PO-310 e C-531 en Campañó (Poio), treito I, treito Pontevedra-Poio, clave: PO/02/017.01.01, termos municipais de Poio e Pontevedra, polo director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 6 de marzo de 2003 a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para as mencionadas obras por Decreto 190/2003, publicado no DOG nº 59, do 25 de marzo de 2003.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa de 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nos lugares, nas datas e nas horas que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do Concello de Poio.

Día: 27 de agosto de 2003.

Horario: 9.30 a 11.30 horas.

Do predio nº 001 ó predio nº 021.

Casa do Concello de Pontevedra.

Día: 27 de agosto de 2003.

Horario: 12.30 a 13.30 horas.

Do predio nº 1.001 ó predio nº 1.002.

A relación de titulares dos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostas nos concellos de Poio e Pontevedra, e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia de Pontevedra, na rúa Said Armesto nº 1, 36001 Pontevedra.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, podendo achegarse, pola súa conta, se o consideran oportuno dos seus peritos e notario.

Así mesmo e en cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, para o fin de que os interesados poidan formular por escrito,

ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia de Pontevedra, as alegacións que estimen pertinentes para o obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Pontevedra, 18 de xullo de 2003.

Fausto Núñez Vilar

Enxeñeiro xefe do Servicio Provincial de Estradas

de Pontevedra