O Concello de Vilanova de Arousa vai proceder á contratación mediante concurso con procedemento aberto da seguinte obra:
Obxecto: pavimentación rúas en András, Baión, Caleiro, Deiro e Tremoedo.
Orzamento: 81.311,09 euros.
Fianzas: provisoria: non se esixe. Definitiva: 4% do tipo de adxudicación.
Prazo de execución: 6 meses.
Proposicións: presentaranse no rexistro xeral do concello, de 9.00 a 14.00 horas durante o prazo de 13 días naturais, contados a partir do anuncio de licitación no BOP.
Prego de cláusulas: poderá recollerse na Secretaría do Concello, de 9.00 a 14.00 horas.
Vilanova de Arousa, 11 de xullo de 2003.
Gonzalo Durán Hermida
Alcalde