Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 07 de agosto de 2003 Páx. 10.386

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2003, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, do expediente C.P. 5/2003 da subministración sucesiva de próteses de cadeira.

1. Entidade adxudicadora: Hospital da Costa de Burela, r/ Rafael Vior, s/n, 27880 Burela (Lugo).

2. Obxecto do contrato: subministración sucesiva de próteses de cadeira.

3. Orzamento e prezo: 218.200,00 euros desagregado nos exercicios orzamentarios:

Ano 2003 importe: 72.733,33 euros e ano 2004 importe: 145.466,67 euros.

4. Prazo de execución: 1 ano desde o asinamento do contrato con posibilidade de prórroga.

5. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións do Hospital da Costa de Burela, teléfono: 982 58 99 56 e fax: 982 58 99 86, durante o prazo de admisión de proposicións.

6. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

7. Solvencia económica e financeira: acreditarase por algúns de entre os documentos sinalados no anexo II do prego.

8. Solvencia técnica: acreditarase por algúns de entre os documentos sinalados no anexo II do prego.

9. Criterios de adxudicación: (ver prego de cláusulas administrativas particulares).

10. Fianzas: (ver prego de cláusulas administrativas particulares).

11. Clasificación: non se esixe.

12. Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro do Hospital da Costa de Burela antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envía por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó Hospital da Costa de Burela a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

13. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital da Costa de Burela ás 13.00 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas. En caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

14. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Burela, 7 de xullo de 2003.

Pablo Mosquera Mata

Director xerente do Hospital da Costa de Burela