Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 07 de agosto de 2003 Páx. 10.383

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación do contrato para a restauración, mantemento e limpeza dos campamentos xuvenís Virxe Loreto-Porto do Son, Espiñeira-Boiro e Furelos-Melide.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, do texto refundido de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial da Coruña.

c) Número de expediente: 7/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación dos servicios de restauración, mantemento e limpeza dos campamentos xuvenís Virxe Loreto-Porto do Son, Espiñeira-Boiro e Furelos-Melide, A Coruña.

b) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 91, do 13 de maio de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 9,32 euros/praza/día, IVE incluído, ata un máximo de 9.180 prazas en Virxe Loreto-Porto do Son; 9,32 euros/praza/día, IVE incluído, ata un máximo de 7.500 prazas en Espiñeira-Boiro e 10,22 euros/praza/día, IVE incluído, ata un máximo de 4.065 prazas en Furelos-Melide. Establécese un orzamento calculado de gasto de 197.002 euros, IVE incluído, en función dun máximo de 20.745 prazas.

5. Adxudicación.

a) Data: 10 de xuño de 2003.

b) Empresa: Eurest Colectividades, S.A.

c) Importe: 197.002 euros.

A Coruña, 9 de xullo de 2003.

Mª Rosa Gómez Díaz

Delegada provincial da Coruña