Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 07 de agosto de 2003 Páx. 10.378

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/70-2, 6039 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: desvío instalacións eléctr. por implantac. Coren.

Situación: Outeiro de Rei.

Descricións técnicas:

-L.M.T. a C.T.C. Bonxe 2 con orixe no apoio existente denominado P-1 da L.M.T. a C.T.C. Bonxe 2. Neste apoio é onde se entroncará para alimenta-la fábrica de Coren; esta liña terá o seu final no apoio existente denominado P-3, desde onde deriva a C.T. Penitenciario. A súa lonxitude será de 204 m en conductor LA-56 sobre torres metálicas.

-L.M.T. a C.T. Dep. Pascual con orixe no apoio P-1 da liña xeral ó C.T.C. de Bonxe 2 e final no apoio P-1 da L.M.T. a C.T. Dep. Pascual, a súa lonxitude será de 132 m en conductor LA-56 sobre torres metálicas tipo C.

-L.M.T. a C.T. campo de tiro con orixe no apoio P-2 da L.M.T. a C.T. Bonxe 2 e final no apoio P-1 da L.M.T. a C.T. campo de tiro. A súa lonxitude será de 87 m en conductor LA-56 sobre apoios de formigón e torres metálicas.

-L.M.T. a C.T. Uteco con orixe no apoio P-2 da liña xeral L.M.T. a C.T.C. Bonxe 2 e terá o seu final no apoio P-2 da L.M.T. a C.T. Uteco, cunha lonxitude de 222 m en conductor LA-56 sobre torres metálicas tipo C.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 1 de xullo de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo