Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 07 de agosto de 2003 Páx. 10.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 14 de xullo de 2003, do Servicio de Informes e Recursos da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de sancións de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00173-I-2003 e outro máis).

Por medio desta cédula notifícanselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo inciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegar por escrito perante esta Subdirección Xeral de Inspección de Transportes o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2003.

Alberto Eiras Martínez

Xefe de Servicio de Informes e Recursos

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

DX-00173-I-2003

PO-5298-BG

3544790902A2053

Área de Asistencias, S.L.

Lg. Alto de Puxeiros, 55

36415 Mos (Pontevedra)

Con data de rexistro de saída 13-3-2003, requiriuse a empresa Área de Asistencias, S.L., para que remitise a esta Subdirección Xeral a seguinte documentación: 1. Copia das facturas emitidas polos portes realizados no mes de setembro de 2002 co vehículo matrícula PO-5298-BG, 2. Copia da ITV do mesmo e 3. Discos-diagrama correspondentes ó citado vehículo durante o mes requirido, e relación de conductores que prestaron os seus servicios no vehículo. Da documentación presentada compróbase que se realizóu transporte co vehículo durante o mes de setembro de 2002, carecendo de autorización administrativa (tarxeta de transportes).

24-6-2003; 11.08.27

Art. 90 Lei 16/1987 e

art. 41 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

300 euros

DX-00191-I-2003

Obstrucción

3325183846L145100493

Transportes Jumalex, S.L.

Alvedosa, 53-1º A

36800 Redondela (Pontevedra)

Con data de rexistro de saída 9-4-2003, foi requirida a empresa Transportes Jumalex, S.L., para que no prazo de 10 días, contado desde a recepción do requirimento, remitise a esta Subdirección Xeral os discos-diagrama dos vehículos citados, do período comprendido entre o 5 de xaneiro e o 23 de febreiro de 2003, así como relación de conductores que prestaron os seus servicios nos vehículos durante o dito período de tempo. Segundo o correspondente xustificante a recepción do requirimento tivo lugar o 15-4-2003. Transcorrido o prazo sinalado, non se cumpriu co citado requirimento, o que constitúe unha infracción moi grave por obstrucción á actuación dos servicios de inspección, impedíndolle o exercicio das súas funcións.

27-6-2003; 10.23.43

Art. 33 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE nº 182, do 31) e art. 19 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, Regulamento da Lei 16/1987 (BOE nº 241, do 8 de outubro)Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

1.500 euros