Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 07 de agosto de 2003 Páx. 10.339

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 334/2003, do 24 de xullo, polo que se nomea a Manuela López Besteiro presidenta do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

En virtude do establecido nos artigos 7.4º e 17.1º e na disposición transitoria primeira da Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro (DOG nº 23, do 21 de marzo), reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro (DOG nº 208, do 28 de outubro), logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecatro de xullo de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear presidenta do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela a Manuela López Besteiro.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor ós vinte días da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintecatro de xullo de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria