Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 06 de agosto de 2003 Páx. 10.323

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BURELA

ANUNCIO de licitación do servicio de limpeza da Casa do Concello de Burela, Colexio Virxe do Carme e outras dependencias municipais.

Cadro de características dos contratos:

1. Servicio: limpeza da casa do concello.

2. Tipo de licitación: 22.000 euros anuais.

3. Servicio: limpeza do Colexio Virxe do Carme e outras dependencias municipais.

4. Tipo de licitación: 40.535 euros anuais.

5. Duración do contrato: 2 anos desde a súa formalización (con prórrogas ata 4 anos).

6. Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral do Concello de Burela (Eijo Garay nº 20, en Burela).

7. Prazo de presentación de proposicións: 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

8. Fianza provisional: 440 euros para o de limpeza da casa do concello e 810,70 euros para o de limpeza do Colexio Virxe do Carme e outras dependencias municipais.

9. Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

10. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: as sinaladas no prego de cláusulas administrativas.

11. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

Burela, 28 de xullo de 2003.

Manuel Mon Rouco

Alcalde

José Castro Couso

Secretario en funcións