Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 06 de agosto de 2003 Páx. 10.306

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica modificado o proxecto de L.M.T., C.T. e R.B.T. de Vilasante, no concello de Cervantes. (Expediente 42/1999 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo 171, A Coruña.

Denominación: modificado o proxecto L.M.T., C.T., R.B.T. Vilasante.

Situación: Cervantes.

Descricións técnicas:

1. Liña de baixa tensión aérea Vilasante, con orixe no centro de transformación existente de Pontorrón, cunha lonxitude de 1.860 m tipo de conductor R.Z. 3x95/54.6, R.Z. 0.6/1 kV 2x25 Al, R.Z. 0,6/1 kV 3x50/54.6 Al, tensións 960 V, 380 V e 220 V, nº de clientes 16 e zona B de aplicación.

2. Liña de baixa tensión aérea Vilar de Cucos, con orixe no centro de transformación existente de Pontorrón, cunha lonxitude de 1.080 m tipo de conductor R.Z. 0.6/1 kV, 2x25 Al, R.Z. 0.6/1 kV 3x50/54.6 Al, nº de clientes 6.

3. Autotransformador elevador de tensión 380/960 V e 50 kVA de potencia.

4. Transformación reductor 960/380-220 V e 50 kVA de potencia.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 23 de xuño de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo