Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 06 de agosto de 2003 Páx. 10.306

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto da canteira Jefesa, da provincia de Pontevedra, e promovida por Áridos Jefesa Xinzo, S.L.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25-9-1990), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles contados a partir da publicación desta resolución, o estudio de impacto ambiental do proxecto da canteira Jefesa, situada en terreos do concello de Ponteareas, provincia de Pontevedra, e solicitado por Áridos Jefesa Xinzo, S.L.

Para os efectos informativos poranse á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar del para consulta nas oficinas desta dirección xeral así como nas dependencias da Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio

correspondente, e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas