Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 06 de agosto de 2003 Páx. 10.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 19 de xuño de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/118).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administra

tiva e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.A, C.T.I., R.B.T.A. Aldea de Abaixo.

Situación: Abegondo.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV, cunha lonxitude de 381 metros, coa orixe na L.M.T. Cesuras-Cog. P. Hernández entre C.T. Callobre e C.T. Meangos (expediente 50301) con final en C.T. proxectado, conductor LA-56.

Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 15/0,380-0,220 kV.

Liña aérea de baixa tensión de 505 m de lonxitude con conductor R.Z. Concello de Abegondo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 19 de xuño de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña