Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 06 de agosto de 2003 Páx. 10.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso, polo procedemento aberto, da asistencia técnica de clave GA/03/105.09.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.

Edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela-A Coruña (España).

Teléfono: 981 54 49 86, telefax: 981 54 47 91.

2. Categoría do servicio e descrición, número CPC, cantidade, opcións: 74230000-74141200-74111100, K-74.20.31-74.14.12-74.11.17.

Asistencia técnica para o apoio á Dirección Xeral de Obras Públicas na tramitación de concesións, de clave GA/03/105.09.

Orzamento de licitación: 1.053.521,28 euros.

3. Lugar de execución: Santiago de Compostela.

4. a), b)

c) Posibilidade de que as persoas xurídicas deban indica-los nomes e a cualificación do persoal responsable da execución do servicio.

É a indicada na folla de valoración do prego de prescricións técnicas particulares.

5. División en lotes: non.

6. Variantes: aplicarase o especificado no cadro de características do prego de prescricións técnicas particulares.

7. Prazo de execución do contrato: 24 meses.

8. a) Solicitude da documentación: o indicado no número 1.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/.

E en Copy Nino, rúa Xeneral Pardiñas nº 2, teléfono 981 58 89 38.

b) Data de solicitude: 18 de setembro de 2003.

c) 9. a) Data límite da recepción das ofertas: 18 de setembro de 2003.

b) Enderezo: o indicado no número 1, e segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Comunidade Económica Europea, xunto con traducción oficial.

10. a) Persoas admitidas á apertura das plicas: acto público.

b) Data, hora e lugar: a apertura económica realizarase ás 11 horas do día 3 de outubro de 2003, na sala de xuntas da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Fianza e garantías esixidas.

Fianza provisional: dous por cento (2%) do importe de contrata (21.070,43 euros).

Fianza definitiva: catro por cento (4%) do importe de adxudicación.

Estas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

12. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes.

O pagamento efectuarase segundo o establecido no número 11 do prego de cláusulas técnicas particulares.

13. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de prestadores de servicios adxudicataria do contrato.

Poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas segundo o artigo 24 Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

14. Condicións mínimas: as que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Solicitaranse os medios de acreditación da personalidade xurídica e capacidade previstos no artigo 15 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia económica e financieira e a solvencia técnica ou profesional acreditarase segundo se especifica no cadro de características do prego de prescricións técnicas particulares, de conformidade co disposto nos artigos 16 e 19 do texto refundido da lei de contratos das administracións públicas.

15. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

3 meses conforme o artigo 89 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

16. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

17. Información complementaria.

Modalidade de adxudicación elixida: concurso aberto.

Trátase dun anuncio non obrigatorio: non.

18.

19. Data de envío do anuncio: 29 de xullo de 2003.

20. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 29 de xullo de 2003.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2003.

P.D. (Orde 6-3-2003; DOG nº 50, do 12 de marzo)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda