O Pleno da Corporación, en sesión do 27-2-2003, prestou aprobación definitiva ó Plan Especial de Reforma Interior da Unidade de Actuación número 11 do PXOU, sita entre as rúas A Estrada e San Amaro, sendo este instrumento urbanístico de desen
volvemento formulado, mediante iniciativa particular, pola súa xunta de compensación, o proxecto refundido redactado polos arquitectos Ignacio Hermo Tuñez, José A. Hermo Túñez, e Arturo Dapena Barros, con data de visado colexial de 21-1-2003, atendendo ás observacións formuladas pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e que reforma e anula os documentos correlativos do plan especial anteriores, facéndose constar expresamente que o réxime aplicable ó ámbito do plan será o establecido na disposición transitoria segunda punto 1.b) da Lei 1/1997, do solo de Galicia, coa particularidade de que o aproveitamento dos propietarios do solo será o 90% do medio do polígono e será de aplicación o réxime do solo urbano non consolidado, desestimándose as alegacións formuladas por Mercedes Fernández López (AAVV Salgueiriños) e José Luis Burgos Boullón e outros, de acordo co informe emitido polo arquitecto da OTPXU o 31-7-2002, que se incorpora ó texto do presente como
fundamento de acordo co 89.5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no que se indica que o PERI prevé as prazas de aparcamento lindantes coa barriada precisamente para dotar deste servicio ós usuarios das vivendas do barrio das que carecen dentro dos edificios e con fundamento na propia potestade de planeamento municipal, dispoñendo expresamente que as cuestións formuladas nas alegacións se estudien e solucionen coa execución do Plan de Humanización do Barrio e coas actuacións que nel se prevexan.
En cumprimento do establecido na Lei 39/1994, do 30 de decembro, pola que se modifica o artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e artigo 92.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, no BOP nº 95, do 20 de maio de 2003, publicouse o texto íntegro da normativa da modificación do planeamento aprobada, remitíndose copia do expediente á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, para os efectos establecidos neste precepto.
O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto, que esgota a vía administrativa, se poderá interpoñer directamente por quen se considere lexitimado o recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, consonte co establecido nos artigos 10.1º.6) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes conforme dereito, significándolle que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interpo
sición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.
Pontevedra, 26 de xuño de 2003.
O alcalde
P.D.
Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo
Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo
e Medio Ambiente
Julio Dapena Outomuro
Secretario xeral