Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administra
tiva e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S, C.T.C. en San Roque esquina rúa Nova.
Situación: Ortigueira.
Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 160 metros, coa orixe no C.T. Espasante-Porto, conductor tipo R.H.V., e final no C.T. proxectado.
Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e relación de transformación 20/0,380-0,220 kV. Concello de Ortigueira.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 18 de xuño de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña