Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 04 de agosto de 2003 Páx. 10.203

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno na sesión do día 14 de xullo de 2003 aprobou inicialmente a modificación puntual do Plan parcial do SUNP-37 (1º sector), redactada por Emuvissa.

De conformidade co disposto no artigo 86.1º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes. Durante o citado prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2003.

Luis Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo