Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 04 de agosto de 2003 Páx. 10.176

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 11 de outubro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo do corpo auxiliar administrativo da Xunta de Galicia (grupo D), listas A2 e B.

Advertidos erros nas listas que se fan públicas mediante a devandita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia nº 202, do 18 de outubro de 2002, cómpre face-las seguintes rectificacións:

Deberá eliminarse da relación de excluídos a Mª José Manuela Pérez Abella, con DNI: 76488496, que pasa a integrarse na lista de admitidos cunha puntuación de 2,750 puntos nos ámbitos xeográficos e números de orde que a seguir se indican:

-Número 1.039 para o ámbito D0000.

-Número 519 para o ámbito D1500.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.