Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 04 de agosto de 2003 Páx. 10.166

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de xullo de 2003 pola que se autoriza a posta en funcionamento do Instituto de Educación Secundaria de Bouzas, do concello de Vigo (Pontevedra).

O Decreto 305/2003, do 26 de xuño (DOG do 18 de xuño), crea o Instituto de Educación Secundaria de Bouzas do concello de Vigo (Pontevedra).

En consecuencia, esta consellería, de conformidade co establecido no artigo 1 do Decreto 213/1998, do 10 de xullo (DOG do 23 de xullo), e por proposta

da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la posta en funcionamento do instituto de educación secundaria relacionado no anexo desta orde.

Segundo.-Autoriza-las direccións xerais de Persoal e a de Centros e Ordenación Educativa para adoptaren as medidas precisas para a execución desta orde.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria de Bouzas.

Código do centro: 36024461.

Capacidade: 10 unidades de formación profesional.