Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 01 de agosto de 2003 Páx. 10.147

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do día 30 de xuño de 2003, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do PXOM na U.E. nº 11, na rúa Fonte Leocadia, avda. das Américas, de Perillo.

Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do devandito expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, de 9.00 a 13.00 horas, tódolos días

laborables, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG e en dous xornais durante dous días consecutivos, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 1 de xullo de 2003.

Ángel García Seoane

Alcalde-presidente