Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 01 de agosto de 2003 Páx. 10.146

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2003, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Claudina Canal Barrio.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso número 1/245/2003 interposto por Claudina Canal Barrio na súa condición de aspirante no proceso extraordinario de consolidación de emprego da categoría de farmacéutico de atención primaria convocado por Orde do 15 de febreiro de 2002 (DOG nº 40, do 25 de febreiro).

A recorrente impugna a decisión de non reservar algunha das quince prazas ofertadas para aqueles aspirantes que teñan recoñecida unha discapacidade igual ou superior ó 33%.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer na sala como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2003.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos