No Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Ourense tramítase o recurso número 60/2003 (procedemento abreviado) interposto por Concepción Nogueiras Quintas na súa condición de aspirante incluída na listaxe para vinculacións temporais da categoría de auxiliar de enfermería (Ourense).
A recorrente pretende que os servicios prestados como persoal laboral na Fundación Hospital de Verín sexan valorados con 0,25 puntos por mes.
O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2003.
José Ignacio Lema Piñeiro
Director xeral da División de Recursos Humanos