Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 01 de agosto de 2003 Páx. 10.143

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2003 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, con tramitación urxente, para a contratación dunha consultoría e asistencia consistente na realización de enquisas dirixidas a empresas do sector industrial e do sector servicios.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio Técnico Xurídico e de Contratación.

c) Nº de expediente: 2003/640.1/3.2.2/02.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: realización do traballo de campo, depuración e gravación dun máximo de 3.816 enquisas das que 1.642 van dirixidas a empresas do sector industrial e 2.174 a empresas do sector servicios.

b) Prazo de execución: o prazo máximo de execución do contrato é de tres meses (3) e sempre antes do 15 de decembro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 99.216 euros (IVE incluído), a razón de 26 euros por cuestionario entregado e declarado válido.

5. Garantía provisional: 1.984,32 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Estatística.

b) Enderezo: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 13 21.

e) Telefax: 981 54 13 23.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: as especificadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 8 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro do IGE, das 9.00 ás 14.00 horas. No caso de que as proposicións se envíen por correo, haberá que aterse ó disposto no artigo 80.4º do Regulamento xeral de contratación das administracións públicas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Estatística.

b) Data: o quinto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación das proposicións. En caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

c) Hora: ás 12.00 horas.

10. Outras informacións.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet, no seguinte enderezo:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2856.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2003.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística