Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 31 de xullo de 2003 Páx. 10.075

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia unha contratación, polo procedemento aberto e concurso, para unha subministración de películas radiográficas e líquidos con destino ós centros sanitarios do Servicio Galego de Saúde (S/271-2003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número dos expedientes: S/271-2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de películas radiográficas e líquidos con destino ós centros sanitarios do Servicio Galego de Saúde.

b) Número de unidades que se entregarán: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) División por lotes e número: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de entrega: nos distintos centros do Sergas.

e) Prazo de entrega: será como máximo de 10 días desde o pedido; os considerados urxentes polo centro peticionario serán subministrados nas 48 horas desde a recepción do pedido.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación.

5. Garantía provisional: non hai.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servicio Galego de Saúde.

b) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro s/n, 2ª plta.

c) Localidade e código postal: 15871 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 36 18.

e) Telefax: 981 54 27 62.

f) Data límite de obtención de documentos e información: 22 de agosto de 2003.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 29 de agosto de 2003.

b) Documentación necesaria: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade/Servicio Galego de Saúde (ver punto 6).

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses contando desde a data da apertura das ofertas.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas: ás 9.00 horas a.m. na sala 2.1 do edificio administrativo de San Lázaro (ver punto 6), 9 de setembro de 2003.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: por conta dos adxudicatarios; o seu importe máximo estimativo é de catro mil euros (4.000 A).

12. Data de envío do anuncio ó DOCE: 8 de xullo de 2003.

13. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2003.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos