Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 31 de xullo de 2003 Páx. 10.068

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil, pola que se notifican as resolucións dos recursos de alzada interpostos contra as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores en materia de xogo C-23/2002 e dous máis.

En virtude do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ós interesados, cos datos e último enderezo coñecido que se relacionan no anexo, as resolucións dos recursos de alzada interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores que se citan nel.

Contra as devanditas resolucións, que esgotan a vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

De acordo co previsto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 235, do 5 de decembro), os importes das ditas sancións deberán ser aboadas nos prazos que establece o Regulamento xeral de recadación, ou do contrario, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario, os interesados deberán recoller na delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local que en cada caso proceda o documento de ingreso correspondente.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2003.

José Benito Suárez Costa

Director xeral de Interior e Protección Civil

ANEXO

Nº de expediente: C-23/2002.

Empresa operadora/titular: Albino Iglesias Agra.

Enderezo: r/ Panamá, nº 6. (A Coruña).

CIF/NIF: 32394046-H.

Data de resolución do recurso: 13-6-2003.

Tipificación: grave.

Importe: 601,02 A.

Establecemento: Bodegas Albino.

C/c na que se vai ingresar: 390049, Caixa Nova ou Caixa Galicia.

Precepto infrinxido: artigo 29 i) da Lei 14/1985.

Resolución: desestimatoria confirmando a resolución impugnada.

Nº de expediente: P-1/2002.

Empresa operadora/titular: Alba Lucía Arango Caro.

Enderezo: estrada N-120, p.k. 620,7. Parroquia de Areas. Ponteareas (Pontevedra).

CIF/NIF: X-3142294.

Data de resolución do recurso: 2-6-2003.

Tipificación: grave.

Importe: 601,02 A.

Establecemento: Kiss Bar 2.

C/c na que se vai ingresar: 390049, Caixa Nova ou Caixa Galicia.

Precepto infrinxido: artigo 29 i) da Lei 14/1985.

Resolución: desestimatoria confirmando a resolución impugnada.

Nº de expediente: P-9/2002.

Empresa operadora/titular: Mª del Rosario Ríos Gestoso.

Enderezo: r/ Serafín Pazo nº 24. A Estrada (Pontevedra).

CIF/NIF: 35444692.

Data de resolución do recurso: 13-6-2003.

Tipificación: grave.

Importe: 601,02 A.

Establecemento: Cafetería La Biblioteca.

C/c na que se vai ingresar: 390049, Caixa Nova ou Caixa Galicia.

Precepto infrinxido: artigo 29 i) da Lei 14/1985.

Resolución: desestimatoria confirmando a resolución impugnada.

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE

E VOLUNTARIADO