Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 31 de xullo de 2003 Páx. 10.065

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2003 pola que se lle outorga, a Lalandi, S.L., permiso de actividade para a posta en funcionamento dun establecemento auxiliar de cultivos mariños na dársena número 4 do porto de Vigo, concello de Vigo (Pontevedra).

Examinado o expediente instruído para efectos de outorgamento do permiso de actividade para a explotación dunha cetaria, apreciáronse os seguintes

A) Feitos:

Primeiro.-Mediante escrito do 16 de xaneiro de 2003, Hugo Gourgues Fernández (DNI: 39453246-N), en representación de Lalandi, S.L. (CIF: B-36789972), solicitou permiso de actividade para a explotación dunha cetaria, na dársena nº 4 do porto de Vigo, concello de Vigo, provincia de Pontevedra.

Segundo.-O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación deste tipo de establecementos.

Terceiro.-No expediente consta que se realizaron os seguintes trámites:

-Anuncio de información pública.

-Informe técnico biolóxico.

-Informe urbanístico do Concello de Vigo.

-Informe sobre a ocupación do dominio público portuario estatal da autoridade portuaria de Vigo.

-Informe xurídico emitido polo Servicio Técnico-Xurídico.

Cuarto.-Con data do 30 de marzo de 2001, o Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo outorgou a Lalandi, S.L. a concesión administrativa para a ocupación de 2.650 m de dominio público portuario na zona de servicio do porto de Vigo, para a construcción dunha instalación con destino a elaboración, preparación e comercialización de productos derivados da pesca fresca, así como a viveiros de marisco.

B) Fundamentos de dereito:

Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101), co Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre (DOG nº 142) e coa Orde do 27 de marzo do 2000, pola que se regula o procedemento para o outorgamento do permiso de actividade para establecementos de cultivos mariños e auxiliares na zona terrestre (DOG nº 67).

Examinadas as disposicións citadas, por proposta de resolución da Dirección Xeral de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Outorgar a Lalandi, S.L. con CIF: B-36789972, permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación do establecemento auxiliar de cultivos mariños, que se indica a continuación:

-Nome: Lalandi, S.L.

-Tipo: cetaria.

-Actividade: estabulación.

-Especies: boi (Cancer pagurus), centola (Maja squinado), lumbrigante (Homarus ganmarus), nécora (Macropipus puber).

-Localización: dársena nº 4 do porto de Vigo; concello: Vigo; provincia: Pontevedra.

-Superficies:

Dominio privado: non ocupa.

Dominio público: 256,5 m.

-Características das instalacións:

Dimensións cetaria: 19 mx16,5 m=256,5 m.

Piscinas:

* Na parte baixa da nave:

3 rectangulares de 4,30 mx2 m; 1 rectangular de 4,30 mx4 m; 4 rectangulares de 3 mx2,20 m.

* Na parte alta da nave:

6 rectangulares de 3 mx2,15 m.

Segundo.-Someter a autorización as seguintes condicións:

Primeira.-O permiso de actividade outórgase por un prazo de dez (10) anos, que se contarán a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no DOG. Poderá prorrogarse por períodos máximos de outros dez anos, logo de petición do interesado presentada dentro dos 60 días anteriores ó vencemento da súa vixencia.

A vixencia dos títulos habilitantes, permiso de actividade e concesión da ocupación do dominio público, así como das prórrogas que no seu día se puidesen outorgar, deberán ser coincidentes.

Segunda.-As obras e instalacións que poderán dar comezo no momento no que o titular dispoña das autorizacións preceptivas dos distintos organismos competentes na materia, levaranse a cabo consonte o proxecto básico reformado de: edificio industrial para elaboración de productos derivados da pesca subscrito en decembro de 2002, polos enxeñeiros industriais F. Pardo e J. Pardo, visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia o 27-12-2002 e deberán quedar totalmente rematadas no prazo de 24 meses, a contar desde a día seguinte ó da publicación da presente resolución.

Terceira.-A execución das obras e instalacións e o inicio da actividade realizaranse conforme o disposto nos artigos 5 e 6 da Orde do 27 de marzo de 2000 anteriormente citada.

Cuarta.-Nin o establecemento, nin o dominio público ocupado, nin as obras nel executadas poderán destinarse a usos distintos dos autorizados. Baixo ningún concepto se poderán modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Quinta.-Sen prexuízo da caducidade da concesión de ocupación do dominio público, ó abeiro do disposto na Resolución do 30 de marzo de 2001, do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, que será vinculante para esta consellería, o permiso de actividade ó que se refire esta resolución, extinguirase polo incumprimento dalgunha das condicións dela e nos casos previstos no artigo 72

da Lei 6/1993, de pesca de Galicia, e no Decreto 193/1997, do 5 de xuño.

Sexta.-O outorgamento deste permiso de actividade non exime ó seu titular da obtención das licencias, permisos e autorizacións legalmente procedentes.

Sétima.-O titular xustificará o pagamento á Facenda pública do imposto que grava as concesións e autorizacións (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditará a declaración de non estar suxeito ó acto do dito imposto, feita pola Delegación de Facenda ou oficina liquidadora correspondente.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción conteciosa-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada por Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2003.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos