Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 31 de xullo de 2003 Páx. 10.059

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/399-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: ampliación C.T. La Romana II.

Situación: concello de Nigrán.

Descricións técnicas: ampliación C.T. a 1.000 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V, da instalación autorizada anteriormente dun C.T. de 630 kVA, denominado Romana II, e dunha L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor tipo R.H.V. de 580 m de lonxitude, desde o C.T. existente na Romana, alimentando en bucle o C.T. proxectado Romana II, emprazado na Ramallosa, no concello de Nigrán, e remate no punto de orixe.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 17 de xuño de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra