Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T.S. As Mariñas.
Situación: concello de Oia.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor tipo R.H.V. de 25 m de lonxitude, con orixe no apoio de formigón existente na L.M.T. Ros 8.06 e remate no centro de seccionamento existente do balneario Atlántico, nas Mariñas, Mougás, no concello de Oia.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 17 de xuño de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra